Chegoume onte, antes de que esta mesma mañá vira a nova de que a central hidroeléctrica proposta no río Ouro non conta co visto bó da o organismo das cuncas de Galicia-Costa.:
En nome da Plataforma Eólicos na Mariña, así non, enviamos nota de
prensa e material complementario relacionado coa campaña estatal que as 3
plataformas veciñáis da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de
Burón” estamos apoiando, e onde solicitamos a adhesión á mesma aos
Órganos Xestores da Reserva e aos 14 Concellos que a compoñen. Na
campaña búscase unha moratoria dos proxectos enerxéticos en todas as
reservas da biosfera de España.
Plataforma Eólicos Na Mariña, Así Non.
https://www.facebook.com/eolicosnamarinha.asinon
A documentación que ía anexa era:
Tres plataformas veciñais da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras do Burón” piden a unha moratoria dos proxectos eólicos na Reserva
A potencial implantación de 307 novos aeroxeneradores na Reserva da Biosfera “Rio Eo, Oscos e Terras de Burón” (42 complexos eólicos), que se sumarían aos 326 xa existentes (12 complexos eólicos), coloca en alto risco a declaración de Reserva da Biosfera debido á degradación ambiental causada polo impacto acumulado desta proposta de invasión eólica.
Conxuntamente, as plataformas veciñais Xente de Oscos-Eo, Stop Eólicos Negueira e Eólicos na Mariña, Así Non, solicitaron esta semana aos xestores da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e aos 14 concellos que a configuran a adhesión á campaña organizada pola “Alianza Enerxía e Territorio” (ALIENTE) que busca solicitar ao Comité Español do Programa Man and Biosphere (MaB) – que xestiona as Reservas da Biosfera a nivel estatal – unha moratoria de tódolos proxectos industriais enerxéticos que afecten ás Reservas da Biosfera, ate que se realice o “estudo sobre a viabilidade de instalacións eólicas, fotovoltaicas e termo solares, incluída a repotenciación, e infraestructuras asociadas en territorios declarados Reserva da Biosfera en España” que o propio Comité Español do Programa MaB, acordou encargar ao Consello Científico de dito Programa.
A campaña conta xa coa adhesión de 21 Reservas da Biosfera e case 260 colectivos, entre eles algún órgano xestor (como os casos das Reservas da Biosfera de Allariz e da Sierra de las Nieves); e na Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” xa ten máis de 70 apoios.
Estas plataformas solicitaron tamén unha reunión cos xestores da Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e coa Asociación InterEo, que aglutina aos 14 concellos da Reserva, para discutir a problemática eólica e o posicionamento ante a mesma.
Máis información da campaña en:
https://aliente.org/moratoria-cientifica-reservas-de-la-biosfera
Ver en anexo a carta modelo enviada aos Concellos e Xestores da Reserva.
Mapa:
E documento para enviar:
Carta concellos rb modelo_gal.anexo2 from Agremon