6ª
vaga? Pouco importa o número. O caso é que o número de xente contaxiada
está a volver a subir. Os efectos, despois das vacinas, son menores,
como o é a presión hospitalaria, pero…
Despois de varios días de mirar a páxina do SERGAS sobre o coronavirus,
atopo que aínda que axusta día a día que os datos son renovados ás 6 da
tarde, aparecen de xeito un pouco errático: os datos das seis da tarde
de onte foron cargados a media mañá de hoxe.
Comezarei
unha nova serie de entradas sobre o coronavirus, esperando que dure
pouco. En Ribadeo, a última referencia do SERGAS (18:00 do 28 de novembro) son 16 casos, cunha incidencia de
160 casos por cada 100 000 habitantes a 14 días. Os gráficos indican a
evolución das veces pasadas e desta, e o segundo, só desta.