Deixo a continuación a nota de Eduardo (Lalo) Gutiérrez sobre o nome da ría de Ribadeo, que ten xaído hoxe mesmo na Comarca:
Inaudita Multiplicación
Hai uns días a autoridade estatal competente en materia de nomes
xeográficos decidiu interpretar
a reivindicación do inaxeitado
nome da Ría del Eo, que eles mesmos tiñan rexeirado, e resolver o
prurito dunha chamada hiperbolicamente Dirección de Política
Lingüística de Asturias, e interprerar a teima do nome incorecto de Ría del En como se fose un
trastorno obsesivo compulsivo,
e contra todo prognóstico darles
a razón. Nen sequera nisto da
psiquiatría caritativa e da frenopatía das silveiras; son orixinais
pois que xa antes de que o nome de Vegadeo fose oficial, ou sexa a
partir de 1916, un bispo de Oviedo
comezou a empregalo porque tiña
os seus motivos de competencia
polos límites dos diezmos e outros
gravames e arbitrios, así que bautizou como Vegadeo o que era A
Veiga de Ribadeo. Pero se no canto de distraernos cos argumentos
de encargo político e instrucións
recibidas, preguntámonos pola
procedencia da teima, e facemos
un breve repaso histórico temos
que ir á orixe, ou sexa ao que
antigamente se charimou concello
de Reboredo e hoxe Castropol.
Prescindamos de aboenzas
dinásticas e vaiamos a hai uns
trinta anos. A quentura dums
veraneantes que faltos dun sinxelo
banco das mentiras, que soe ser
o pousadoiro dos mariñeiros con
gañas de leria para amenizar os
seus ocios, decidiron encirrar
unha suposta reivindicación que
ao mesmo tempo distraía do contaste entre Ribadeo e as restantes
vilas, entrea s que sempre houbo
relacións cordiais e pequenos ciumes por asuntos de fútbol e festas.
E mesmo episodios anecdóticos
como cando en 1881 co gallo do
bicentenario da morte de Pedro
Calderón de la Barca, o concello
da Veiga organiza una Procesión
Cívica no seu honor e convida ao
de Ribadeo,
e este resposta que as súas
moitas ocupacións impidenlle
asistir. É rechamante a enxeñosa
prosopopea do contemporáneo e
historiador Fernando Mendez San
Julián: “Os veigueños sempre foron moi calderonianos”,
Frase que ten numerosas posibilidades.
Pero voltando ao nome da
Ría era ben mellor que ocupasen
as súas inquedanzas estivais en
procurar protección para o esteiro
e recursos de todo tipo. Na Liñeira, por exemplo, botouse en 1873
o derradeiro buque de grande porte que saíu daqueles estaletros, a
corveta J.M,B, de 289 Toneladas
de Rexistro Bruto, para a armadora Bengoechea de Ribadeo. Hoxe
esa tradición sitúase nas Figueiras
e ninguén se ocupa de pescudar de
onde ven o nome da razón social
desas instalacións que é o dun topónimo do concello de Barreiros.
Unha pegada, a de Francisco Díaz
Fernández, o fundador da que nos
sentimos orgullosos, Este antollo síntoma
de embarazo partidario artificial
que non científico, significa unha
distracción ociosa e con custos que
pagamos todos. Estamos perante
un novo chanzo no que se chama
invasión cultural; na liña de denominar o galego oriental como
bable occidental: Realmente esta
parte de Asturias é aunica zona
onde se fala un idioma normalizado diferente do español e con
alto nivel de falantes, e isto non
se debera prestar a facerlle caso a
uns cantos chanfonetas.
Quizais con esto dos dous nome cabe citar aquela cantiga de ‘que ben capeas
o vento/asi fai a boa moza/cando
quere dous a un tempo’. A resolución ten para nós o valor cientifico
da cantiga, que ven ser o mestro
que asubiarlle aos biosbardos. De
seguir con estas liñas discursivas
quizais algúns opinen a prol da
multiplicación dos nomes como
se foran pans e peixes, e se engada
tamén Ría do Suarón ao esteiro,
en contra da normativa internacional. Pero xa que andamos en
relatos bíblicos, inspiracións e
ocorrencias, pode que alguén se
deixara engaiolar coa libación das
xerras de Canán.