Despois do anuncio de que A Mariña e o mar limítrofe sería puntos de construción de novos parques eólicos, a xente púxose en marcha. A visión desarrollista, sen interese real polo medio, propia de mediados do século pasado, xa non ten cabida hoxe nun mundo de recursos escasos onde se contempla o decrecemento e se tenta procurar o equilibrio coa natureza como opcións de futuro.
O movemento non está só; de feito, onte mesmo o concello de Foz alegou contra a pretensión de instalar o parque eólico ‘Fonte Barreiros’, que abrangue dende o concello de Foz ata o de Ribadeo, nota que deixo ó final.
O caso é que o pasado fin de semana, houbo unha xuntanza máis da plataforma #eolicosnamarinhaasinon en Foz. A destacar que a plataforma é aberta, é dicir, pode sumarse xente, é distribuída, é dicir, as tarefas distribúense, o mesmo que se aportan ideas e se tenta facer o traballo de xeito cooperativo, é indepenente, é dicir, non ten ligazóns con partidos ou ideoloxías, e non é inxenua: sabe o camiño que ten por diante.
Na acta da xuntanza cabe reseñar diversas accións, todas comanditarias, para explicar o movemento -a nivel logal e xeral-, presentar unha fronte común coas outras plataformas de Galicia ou comezar as protestas efectivas. Para iso, poñeranse en contacto con concellos, asociacións de veciños, de mariñerios, etc, procurando algutinar a maior cantidade de xente e asemade, a súa integración na rede creada. A reseñar que unha comunicación máis continuada e extensa do que se vai facendo ou se pretende facer, ou o xeito de poñerse en contacto, pode atoparse en https://www.facebook.com/eolicosnamarinha.asinon (Eólicos na Mariña, así non)
—
Nota de prensa do concello de Foz:
Foz, 24 de novembro de 2021. O Concello de Foz presentou alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental e á solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Fonte Barreiros, de 96 MW, e da súa infraestrutura de evacuación.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, indica que o Concello de Foz “actúa sempre de forma seria e responsable: informándonos, contactando con técnicos solventes para estudar a documentación e presentando alegacións en todos aqueles puntos que podan ser prexudiciais para veciñas, veciños e o patrimonio do noso concello. Neste sentido, o proxecto do parque eólico Fonte Barreiros presenta incongruencias, erros e falta de estudo en moitos puntos”.
O rexedor municipal engade: “aínda que neste caso -a diferenza do proxecto denominado Borrasca- non se proxectan aeroxeneradores en Foz, o parque Fonte Barreiros si ten un impacto claro coa liña de alta tensión proxectada. Volve producirse o mesmo erro doutros proxectos, de duplicar liñas de tensión con trazados paralelos cando a normativa esixe que se aproveiten os trazados das actuais adaptando as infraestruturas, para evitar un maior impacto. Ademais no barrio do Carme, en San Martiño, a liña pasa en aéreo sobre solo clasificado como núcleo rural e edificable, non respectando a normativa. Hai que aterse tamén ás disposicións do PXOM, é o legal e o que procede”.
Nas alegacións tamén se encontraron outras faltas, como obviar o anteproxecto ou o proxecto de trazado da autovía da Mariña A-74. “É un documento incompleto que non respecta as características do entorno”, remata o alcalde de Foz.