A máis da xa publicada nota da plataforma pola defensa da ría, adxunto a nota de prensa e a valoración do concello sobre o -de momento, aparente, por falta de documentos de primeira man- cambio de criterio en relación ó nome da ría de Ribadeo.
–
AGARDAN QUE SE MANTEÑA O CRITERIO HISTÓRICO E XURÍDICO
Ría de Ribadeo
04/11/2021
O Concello recorrerá a resolución do Instituto Geográfico Nacional sobre o topónimo da Ría de Ribadeo.
Así o anunciou hoxe, xoves, o alcalde, Fernando Suárez quen explica:
“sorprende que na resolución do Instituto Geográfico Nacional non se
analizan as nosas alegacións (entre outras varias que temos constancia
de que se presentaron, como as da Deputación de Lugo). Nestas alegacións
mostramos irrefutables argumentos na defensa do topónimo de Ría de
Ribadeo como único oficial posible, mais con esta resolución dá a
sensación de que non foron sequera tidos en conta”.
O rexedor
municipal ribadense engade que “estas alegacións acreditan, entre outros
aspectos, o uso histórico do topónimo de Ría de Ribadeo e a realidade
de que o topónimo de Ría do Eo é recente e propio de rexistros que non
lle poden outorgar oficialidade. Por outra banda podemos afirmar que a
nomenclatura das restantes rías galegas e asturianas vai en contra desta
resolución, do mesmo xeito que tampouco se respectan as recomendacións
da ONU de utilizar un único nome para os accidentes xeográficos e de
evitar cambios innecesarios de nomes. Ademais, nestas alegacións tamén
analizamos o informe do Principado de Asturias (que reabriu este debate e
deu inicio ao expediente) no que, ao noso xuízo, non queda acreditado
un uso histórico do termo de Ría do Eo nin un uso máis recente que poida
oficializar o seu uso, atopando ademais serias inconsistencias nos
argumentos presentados.Por todo isto, en canto teñamos a comunicación
oficial da proposta de resolución, iniciaremos os trámites dos recursos
que procedan, por entender que dita resolución non está motivada nin se
axusta á razón, nin á historia, nin aos criterios de denominación das
rías galegas e asturianas en particular, e do Cantábrico en xeral”.
E
Fernando Suárez agarda que “a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia
vaiamos da man para manter o criterio científico, histórico e xurídico
avalado por todas as institucións a nivel galego e estatal, que de xeito
contundente e con argumentos absolutamente obxectivos defenderon a
oficialidade do nome da Ría de Ribadeo”.
–
VALORACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DE RIBADEO DA RESOLUCIÓN DO INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL SOBRE O TOPÓNIMO DA RÍA DE RIBADEO
Sorprende que na resolución do Instituto Geográfico Nacional non se analizan as nosas alegacións (entre outras varias que temos constancia que se presentaron, como as da Deputación de Lugo, etc.). Nestas alegacións mostramos irrefutables argumentos na defensa do topónimo de Ría de Ribadeo como único oficial posible mais con esta resolución dá a sensación de que non foron sequera tidos en conta.
Estas alegacións acreditan, entre outros aspectos, o uso histórico do topónimo de Ría de Ribadeo e a realidade de que o topónimo de Ría do Eo é recente e propio de rexistros que non lle poden outorgar oficialidade. Por outra banda, podemos afirmar que a nomenclatura das restantes rías galegas e asturianas vai en contra desta resolución, do mesmo xeito que tampouco se respectan as recomendacións da ONU de utilizar un único nome para os accidentes xeográficos e de evitar cambios innecesarios de nomes.
Ademais, nestas alegacións tamén analizamos o informe do Principado de Asturias (que reabriu este debate e deu inicio ao expediente) no que, ao noso xuízo, non queda acreditado un uso histórico do termo de Ría do Eo nin un uso máis recente que poida oficializar o seu uso, atopando ademais serias inconsistencias nos argumentos presentados.
Por todo isto, en canto teñamos a comunicación oficial da proposta de resolución, iniciaremos os trámites dos recursos que procedan, por entender que dita resolución non está motivada nin se axusta á razón, nin á historia, nin aos criterios de denominación das rías galegas e asturianas en particular, e do Cantábrico en xeral.
Agardamos así mesmo que a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia vaiamos da man para manter o criterio científico, histórico e xurídico avalado por todas as institucións a nivel galego e estatal que de xeito contundente, e con argumentos absolutamente obxectivos, defenderon a oficialidade do nome da Ría de Ribadeo.