Bandeira ‘da Raza’ (collida de https://es.wikipedia.org/wiki/Bandera_de_la_Raza, lic. CC BY-SA 3.0) |
Pilar, Felicidades!
Felicidades, Pilar. Hoxe é 12 de outubro, o día do teu santo. Crea ou non na santidade (eclesiástica), ti podes tratalo como un día a ti adicado no ano. Se queres, unha menudencia, pero útil, que te achega un día diferente, que pode romper a monotonía diaria e facerte sentir máis viva, máis feliz, aínda que só sexa por iso de que de ilusión tamén se vive.
Imos deixar aparte que se diga que é o día ‘do Pilar’ para abreviar que sexa o día adicado pola igrexa a ‘A Nosa Señora do Pilar’, obviando a virxe para quedarse coa columna que mantén e ensalza a súa pequena figura material.
Tamén é o día ‘da Hispanidade’. Copio o que di a Galipedia sobre a Hispanidade a modo de introdución do artigo correspondente:
Hispanidade (Hispanidad en castelán) é un concepto
político que apareceu a comezos do século XX para chamar ás persoas,
países e comunidades que teñen o idioma español e posúen unha cultura
relacionada con España. O termo quedou fixado ao utilizalo Ramiro de Maeztu na súa obra “Defensa de la Hispanidad” en 1934. Adoita incluírse nela aos estados que teñen o castelán como lingua oficial e os seus falantes.
Na edición en castelán da Wikipedia, o segundo parágrafo refírese a outra cousa con outra historia:
El término fue acuñado en el siglo XVI pero fue recuperado por el filósofo español Miguel de Unamuno en 1909. Ganó popularidad en España e Hispanoamérica durante el periodo de entreguerras, sobre todo en círculos políticos de derecha, nacionalistas o reaccionarios. Se asocia al catolicismo, o también a la idea de catolicidad
siendo uno de sus pilares fundamentales, sin excluir otros dogmas
religiosos diferentes al catolicismo u otras formas de creencias,
pensamientos e ideologías, así como a la celebración del Día de la Raza, actualmente celebrado en España como Día de la Hispanidad.
Se alguén non se fía da Wikipedia, pode acudir a outras fontes e ver que pode quererse impoñer unha idea de ‘hispanidade’, pero é algo plural, que non todo o mundo entende igual. Mesmo o ‘día da Hispanidade‘ é recoñecido legalmente non como tal, senón como o ‘día Nacional de España’, segundo a lei 18/1987, de 7 de outubro, que nos seus motivos aclara:
‘La fecha elegida, el 12 de octubre, simboliza la efemérides histórica en
la que España, a punto de concluir un proceso de construcción del
Estado a partir de nuestra pluralidad cultural y política, y la
integración de los Reinos de España en una misma Monarquía, inicia un
período de proyección lingüística y cultural más allá de los límites
europeos.’
É dicir, no ano 1987 tíñase claro que había que deixar atrás o da ‘conquista’ e demais, incluído a referencia asociada de raza predominante, concepto este último que aínda é o día a día da estrutura social en países suramericanos. Coido que non debe estrañar que en América se mire cando menos, con recelo, despois da celebración imperial durante a ditadura. Pode resultarnos difícil comprender, a quenes fumos ensinados nesa ditadura que Colón foi un abandeirado da conquista, o ver que se derriban as súas estatuas, pero non están derribando o monumento ó navegante que abriu camiños entre mundos, senón ó que abriu unha ruta unidireccional que fixo posible a desaparición de xente e culturas durante séculos despois das súas viaxes.
Por último neste pequeno repaso a algunhas cousas asociadas por estes lares co 12 de outubro, algo que, cando menos, pode cualificarse como ‘unha curiosidade’: o texto da lei do día nacional de España é accesible na páxina do BOE en castelán e tamén noutra lingua peninsular, o catalán, pero non en galego ou vasco.