Da web do Congreso dos Deputados, hoxe. |
SAÚDO DA A V POR NUESTRO FARO AO DEPUTADO DO BNG D. NÉSTOR REGO
Nota de prensa 20210827
No día de hoxe, 25 de agosto, tivemos coñecemento polos medios de comunicación da presentación dunha pregunta no Parlamento Español sobre a protección ambiental da Ría de Ribadeo. A pregunta foi presentada polo deputado do BNG D. Néstor Rego Candamil. Desexamos saudar ao Sr. Deputado por esta iniciativa que pode ser un paso para conquerir unha norma de protección específica para a Ría de Ribadeo, á que ten dereito dende o día 23 de Novembro de 1988, ao ser declarada Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e máis tarde polas normas ambientais do Convenio RAMSAR e da Rede Natura 2000, establecidas nas directivas da Union Europea e trasladadas á lexislación do Estado Español. Xa temos denunciado en numerosas ocasións o feito de que ningún grupo político a nivel estatal ou autonómico, nin ningún alcalde de Ribadeo, nin dos concellos limítrofes propuxo este tipo de propostas ou iniciativas ao longo dos 32 anos transcurridos, pero con esta iniciativa pode abrirse un novo tempo que dea paso a establecer unha norma efectiva da protección da ría.
Según a páxina web do Congreso de Deputados, a proposición foi rexistrada o día 29.7.21 e cualificada o 25.8.21 e segundo nos comunican os informantes será publicada íntegramente a semana próxima.
A intención do noso colectivo e estudar polo miudo a proposta de D. Néstor Rego e solicitarlle unha entrevista para comentar os diferentes aspectos implicados neste proceso e como punto prioritario o respecto pola normativa que afecta a Rede Natura 2000 e o incumprimento pola Autoridade Portuaria e polo concello de Ribadeo da lexislación vixente sobre Avaliación de Impacto no proxecto de Apartamentos Turísticos e Cafetería na Illa Pancha. Como xa saben os lectores estas deficiencias na tramitación do proxecto devandito foron denunciadas polo Defensor del Pueblo en seis informes, entre o 16 de febreiro de 2017 e o 10 de outubro de 2018, sen que a Autoridade Portuaria e o Concello de Ribadeo os tomasen en consideración
Como é sabido, o proceso de redacción debate e aprobación de calquera norma de protección ambiental é longo e complexo, e aínda podería retrasarse varios anos. Pola nosa banda entendemos que despois desta iniciativa, o primeiro paso para ir facendo camiño, sería esixir o cumprimento da lexislación vixente polas administracions implicadas e concretamente prantexar a realización do Estudo de Impacto no caso da Illa Pancha.