Fágome eco dun correo electrónico dos Amigos do Museo da Prehistoria e Arqueoloxía que coido merece difusión.
O
Organismo Autónomo Local “Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de
Vilalba” (MUPAV) nos seus trinta anos de existencia converteuse nun
referente para a museoloxía e para a investigación arqueolóxica na
Península Ibérica. A pesar dos precarios medios que sufriu dende a súa
fundación, ven desenvolvendo unha importante tarefa de custodia,
investigación e divulgación do patrimonio arqueolóxico.
Nos
últimos anos a súa situación económica empeorou, xa que o orzamento
aprobado pola institución da que depende (Concello de Vilalba, Lugo) non
é suficiente para sufragar os gastos correntes, asumindo a Asociación
de Amigos do Museo de Vilalba os gastos relativos ás actividades de
extensión cultural.
O
incumprimento por parte do Concello de Vilalba das súas obrigas de
conservar e manter os locais públicos ocupados polo MUPAV, agravado por
unha serie de desgrazas (incendio, inundación e goteiras), está
comezando a provocar efectos prexudiciais sobre o patrimonio histórico e
bibliográfico custodiado polo MUPAV. Efectos que a Inspección de
Traballo requiriu a súa corrección para que o persoal poida desempeñar
as súas funcións de acordo coa lexislación laboral vixente.
Por
todo isto, a Asociación de Amigos do Museo de Vilalba solicita o apoio a
este movemento cívico, así como a adhesión ao presente manifesto e a
súa difusión, agradecendo de antemán a axuda e colaboración prestada.
MANIFESTO.
1.- A firme e ineludible necesidade de expor publicamente esta situación no maior número de lugares, ocasións e formas posibles.
2.-A
convicción de que o MUPAV ofrece un servizo público irrenunciable para
unha sociedade culturalmente desenvolvida e constitúe un elemento clave
para o desenvolvemento social, cultural e turístico do seu entorno
xeográfico.
3.-
A necesidade de dotar ao MUPAV de recursos suficientes para que poida
continuar coa súa misión, reforzando a entidade na fórmula
administrativa que mellor se adapte ao pleno desenvolvemento dos seus
obxectivos.
4.-
A intención de trasladar, ás distintas administracións, organizacións e
instancias europeas segundo corresponda, o risco que supón para a
conservación do patrimonio histórico a falta de mantemento do edificio
MUPAV.
5.-
Avaliar os recursos legais pertinentes, sempre que non se produza a
reversión da situación e non se establezan as medidas necesarias para a
conservación do patrimonio histórico.
Para
adherirse ao presente manifesto pode encher e enviar este formulario
por correo electrónico a amigos@museovilalba.org, tamén pode envialo por
correo (AMUPAV, Dr. Domingo Goas, 2, 27800 Vilalba, Lugo) ou entregalo
no Museo sede.
Os
datos recollidos gardaranse nun ficheiro de tratamento mixto
pertencente á Asociación de Amigos do Museo de Vilalba. Pode exercer os
dereitos de acceso, rectificación, eliminación e portabilidade dos datos
e oposición e limitación ao seu tratamento ante a entidade responsable
(amigos@museovilalba.org).
—
Nota: A pesar do que di , non traía ningún formulario, polo que quen queira debe poñerse en contacto directo mediante o correo.
Nota2: xa está dispoñible o formulario. Déixoo a continuación para quen queira imprimilo ou sinxelamente copiar os datos que piden e envialo: