Ponte e ría, nun sello. |
COMENTARIOS A UN INFORME
Trátase do “INFORME
SOBRE EL USO HISTÓRICO DE LA DENOMINACIÓN RÍA DEL EO” (IHDRO) emitido
pola “Dirección General de Política Llingüística” do Principado de
Asturias para solicitar ao
“Instituto Geográfico Nacional” que a denominación “Ría del Eo” sexa
equiparada á “Ría de Ribadeo” con carácter oficial. Lembremos que
este foi un acordo do Pleno do Parlamento asturiano do día 27/XI/2019 a proposta do Grupo Popular aprobado por unanimidade
A partir de aquí imos presentar tres parágrafos de este informe e contrastalos con documentos históricos referenciados.
O primeiro destes párrafos di o seguinte:
IHDRO,pax.1: “El
pleno de la Junta
General (…) insta al gobierno (…) a recoger la documentación
acreditativa de la
utilización inmemorial de la denominación Ría del Eo.”
Suliñamos a verba “inmemorial”, que ven a decir que o uso da denominación “Ría del Eo” é tan antigo que se perde na memoria.
Vexamos agora o segundo párrafo que imos comentar:
IHDRO,pax.8: “(…) hasta
bien entrada la
decimoctava centuria el topónimo
más usado (…) es Río Eo. Es a finales del
siglo XVIII y principios del XIX cuando comienza a extenderse el uso del
término ría, con presencia notable de la forma Ría de Ribadeo (o
Rivadeo), pero también con Ría del Eo, documentándose
además Río Eo”.
Da lectura deste segundo párrafo, redactado dun xeito un tanto confuso,
despréndese que ambas denominacións foron
utilizadas en textos antigos, pero só a finais do século XVIII se
extende o uso da palabra “ria” e dos dous toponímicos que se debaten.
O terceiro párrafo que nos interesa di o seguinte:
IHDRO,pax.68: “El
análisis documental ha
permitido documentar denominaciones
muy variadas para referirse al estuario del Eo, siendo las más frecuentes Ría de Ribadeo y Ría del Eo. No
obstante, se advierte
que el uso
del hidrónimo ría en alusión
a este accidente geográfico (…) es relativamente reciente a nivel histórico y, de hecho, no se generaliza hasta bien entrado el siglo XVIII.”
Aquí suliñamos a frase “es relativamente reciente a nivel histórico”.
Convén crarexar que
no IHDRO non se concretan as fontes bibliográficas ou cartográficas nas
que se apoian esas afirmacións. Os dous fondos que mais citan os
historiadores son os da Biblioteca Nacional e os
do Museo Naval. Por omisión entendemos que non foron consultados polos
autores deste informe.
Imos contrastar agora estas afirmacións cos
documentos aportados polo propio IHDRO. O primeiro documento presentado
neste informe onde aparece de forma clara a denominación “Ría del Eo” é
no “Diccionario geográfico-estadístico-histórico
de España y sus posesiones de Ultramar”. Pascual Madoz. 1849. Revisado
polo miudo este “diccionario” atopamos que usa sete veces a denominación
“Ría de Ribadeo”, unha vez a expresión “puerto y ría del eo” e outra vez a
“interpuesta la ría o desembocadura del Eo”
Se queremos ser estrictos para
sacar conclusións sobre o presunto uso da fórmula “Ría del Eo”
debéramos suliñar que nestas expresións non se fai referencia á ría con
carácter nominativo nen
encabeza ningún texto. Como dixemos usa sete veces a “Ría de Ribadeo” e
nas duas veces que emprega a “ría del Eo” son textos
xeográfico-descriptivos, con minúsculas en sen valor nominanativo.
Véxamos agora unha relación de documentos nos que aparece
a denominación Ría de Ribadeo dende 1550. (Por razóns de espazo non podemos extendernos en comentarios).
LICENCIADO MOLINA. “Descripcio del Reyno de Galizia y de las cosas
notables del” Mondoñedo 1550. Ed facsímil Valladolid 2005.
CRISTOBAL DE BARROS. 1569, en J. Enríquez, E. Sesmero; Rev. de E. Marítimos del País Vasco, San Sebastián 2000.
FASTOS DE CASTROPOL EN EL SIGLO XVI. Eloy Benito Ruano.
Bol. Estudios Asturianos, RIDEA nº20, 1966. Fermín Bouza Brey.
Ed.Maestre. Madrid 1953.
PEDRO DE TEIXEIRA. 1622. “Compendium Geographicum” Fundación Alvargonzález, Universidad de Upsala y Museo Naval. Gijón,2001.
PEDRO DE TEIXEIRA. 1622. “La descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos”.Ed. Nerea. San Sebastián,2002).
ACTAS NOTARIAIS DO ARQUIVO HISTORICO PROVINCIAL DE LUGO (Datos inéditos)
Un historiador ribadense recopilou 115 actas
notaríais dos séculos XVI e XVII onde figura a “ría de Ribadeo”. En
nengún caso aparece a “Ría del Eo”. Polo de agora non imos dar mais
información sobre estes achádegos, mentres non remitamos
o noso informe definitivo ao I.G. Nacional, que será en poucos días.
ARQUIVO HISTORICO OVIEDO. Instancia de Juan Alonso ao rei. 1696. Recollido polo mesmo historiador.
MAPAS ANTIGOS DIXITALIZADOS. BIBLIOTECA NACIONAL. N = 11 511. Séculos XVII a XX. (Revisión persoal, marzo 2021).
Ria de Ribadeo ou Rivadeo: 62. Outras fórmulas: 17. Ría del Eo: 0.
Outras rías: 1179. Ria de … un rio: 0.
CARTOGRAFIA HISTORICA DE ASTURIAS.1777-1920. Prof. Juan Sevilla Alvarez. Ed. Saltadera, Oviedo 2008. (98 mapas ou figuras).
Mapas nos que aparece dibuxada a Ría de Ribadeo: 51.
Mapas nos que aparece a denominación “Ría de Ribadeo”: 15. Outras
denominacións
ou moi borrosas: 6. “Ría del Eo”: 0.
DOCUMENTOS ESCRITOS (NON MAPAS) NOS QUE APARECE A
DENOMINACION “RIA DE RIBADEO” 1762-1869 (Colección persoal): 6 (Estes
documentos son achádegos casuais, sen unha pescuda sistematizada de
fondos).
MAPAS E CARTAS DE COLECCIÓNS PARTICULARES NOS QUE APARECE
A DENOMINACION RIA DE RIBADEO (Algúns poden coincidir cos citados
previamente).
SECULO XVIII: 4.
SECULO XIX: 14.
(Omitimos os séculos XX e XXI porque non afectan aos párrafos do informe que comentamos).
CONCLUSIONS:
1.- No primeiro párrafo do IHDRO
que expuxemos ao comezo afírmase que a denominación “Ría del Eo” ven de
tempo “inmemorial” pero este aserto carece de soporte documental. A
primeira cita que presenta
o mesmo IHDRO é do ano 1849, onde carece de valor nominativo.
2.- No segundo e no terceiro párrafos afírmase que é no
século XVIII e comezos do XIX cando comeza a extenderse o uso das duas
denominacións e que ante desta data o uso predominante era “Rio Eo”.
Tamén son afirmacións
gratuitas sen base documental. Como temos demostrado a denominación
“Ría de Ribadeo” estaba extendida no século XVI, mesmo en informes da
corte de Felipe IV. O uso da verba “Rio” para referirse á ría so o
atopamos en seis mapas da cartografía citada e mais
ben suxire erros de transcripción.
3.- Finalmente temos especial interés por suliñar que no
IHDRO omítese absolutamente a obra de Pedro de Teixeira, cartógrafo
portugués da corte de Felipe IV que cita numerosas veces a “Ría de
Ribadeo” a comezos do século
XVII. Dos seus traballos hai excelentes publicacións, como os xa
citados: “Compendium Geograficum” (Fundación Alvargonzález, Gijón 2001) -tomo de 198 páxinas, con varios artigos de expertos e 8 láminas ou
mapas, de unha gran calidade- e “Cartografía Histórica
de Asturias”, (J.Sevilla, Oviedo 2008), que lle dedica seis páxinas e
nove láminas ou mapas de rías, portos etc. Lembraremos tamén o artigo de
D. Francisco Quirós Linares na “Revista asturgalaica de Cultura” Campo
del Tablado, nº 2, Castropol 2005, que leva
por tiduo “UN HITO CARTOGRAFICO DEL EO: EL MAPA DE PEDRO TEIXEIRA”.
Quirós Linares foi cadeirádego de Xeografía en Oviedo (1970-2005) e unha
figura indiscutible da Xeografía española. Sen facer xuizos de valor,
resulta incomprensible, que neste informe da
“D.G. de Política Llingüistica del Principado de Asturias” se
descoñezan os traballos de Pedro de Teixeira.
Ribadeo, 22 de Xuño de 2021.
Nota: as negriñas e ligazóns non son achacables a Evaristo Lombardero