Cambiei o título. Debera titularse ‘servizos da dependencia públicos’, que é do que se vai tratar, do seu funcionamento, para expresar outra idea, a dependencia pública dos servizos. Algo do que tamén espero que se trate.
Despois da catástrofe que supuxo o coronavirus en moitas residencias, centros de día, axuda no fogar… amosouse que a catástrofe en realidade era anterior: o deterioro dos servizos, deixados da man de deus polos chamados poderes púlicos, foi antes do coronavirus, e o que pasou na pandemia só foi o resultado.
Esta tarde de hoxe, venres 11 de xuño, ás 20 horas no cine teatro, nunha escea na que a pandemia vai recuando nestas terras e establécese un certo retorno a actividades normais, a charla que se anuncia promete aclarar ideas e poñer o seu gran de area para solucionar un problema común de disfuncionalidade dos servizos públicos na área de dependencia. Aquí queda o cartel e o desexo de que se desenvolva ó voso gusto: