NOTA DE ANTIGOS MEMBROS DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DE RIBADEO
Como saben os veciños o dia 27 de Novembro de 2019 o Parlamento
Asturiano aprobou por unanimidade unha “Proposición No de Ley” do grupo
Parlamentario Popular na que instaba ao goberno autonómico a recoller
toda a información histórica para acreditar
o uso da fórmula “Ría del Eo” e solicitar ao Instituto Geográfico
Nacional a sua equiparación á denominación oficial e tradicional “Ría de
Ribadeo”. Asemade en abril de 2021 a D.G. de Política Llingüística do
Principado de Asturias informou de que tiña rematado o informe de antecedentes
históricos requerido polo Parlamento Asturiano e viña de remitirllo ao
Instituto Geográfico Nacional. Deseguido o Instituto Geográfico Nacional
abriu un período de consultas e
alegacións para que as partes interesadas puidesen aportar os
informes que considerasen oportunos.
Neste contexto un grupo de antigos membros da Plataforma pola
Defensa da Ría tomamos o acordo de dirixirnos ó Instituto Geográfico
Nacional solicitando ser admitidos como parte interesada neste
expediente promovido pola Dirección General de Política
Llingüística do Principado de Asturias e onte recibimos a resposta
afirmativa e máis a documentación que inclúe o informe da devandita D.G.
de Política Llingüística.
Con esta nota só pretendemos informar aos veciños e veciñas de
Ribadeo e demais lectores e lectoras e ofrecer a información que
precisen ademais de recoller as suxerencias ou opinións que estimen
oportunas. Ao mesmo tempo temos que notificar que presentaremos
un informe ca documentación dispoñible nos nosos arquivos.
As persoas que promovimos esta iniciativa somos @s seguintes:
Dña. María Luisa Mon Bellón
D. Roberto Rodríguez Rodríguez
D. Miguel Angel Gutiérrez Sampedro
Dña. Rocío Martínez García
D. José María Lombardero Rico (Secretario)
D. Evaristo Lombardero Rico (Presidente)
Pd.: Temos que pedir disculpas a outr@s
membr@s da Plataforma pola Defensa da ría por non ter contactado con
el@s pero estamos moi acoutados de tempo. Grazas.
—