Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Por Nuestro Faro. Nota de Prensa. Ribadeo, 20210524


 

Por Nuestro Faro

Nota
de Prensa

Ribadeo,
20210524

A finais do mes pasado, unha vez observada a evolución dos
incumprimentos en relación coa illa Pancha, o acceso e o medio,
dende o noso grupo puxémonos de novo en contacto co Defensor del
Pueblo.

Cabe lembrar que anteriormente, o Defensor del Pueblo admitira a nosa
razón e dereito, e solicitara e presionara a diferentes
administracións a resolución e restitución da Illa Pancha a un
estado legal e de uso semellante ó que reclamamos, rematando por
literalmente-
tirar a toalla ó non ter poder para obrigar a cumprir coa legalidade
a ditas administracións -sexan Concello, Xunta ou Ministerio- e
entidades como Puertos ou a concesionaria, como representa o
parágrafo final do seu escrito:

Esta institución lamenta no haber podido resolver el problema
denunciado por
esa Asociación y la falta de diligencia de la
Administración portuaria para asegurar el uso sostenible de los
espacios de su titularidad y para evaluar y corregir los posibles
impactos de
un proyecto que se ejecuta en un lugar de la Red
Natura 2000”

Se agora nos referimos de novo á institución que representa o
Defensor é porque a ocupación da illa Pancha, e os permisos para
unha cafetería mesmo sen ter solucionado problemas anteriores,
entendemos que seguen non só a vulnerar os puntos sinalados polo
Defensor e outros que non se chegaron a poñer no seu coñecemento,
senón tamén acumulando incumprimentos e vulneracións que atinxen a
todos nós como comunidade nunha illa que é emblemática para
Ribadeo e os ribadenses. Emblema que non envellece, senón máis ben
se potencia, como o amosa que esta mesma semana saia nos xornais en
varias ocasións como imaxe simbólica de Ribadeo de cara á
promoción do turismo. E emblema que vai ser usado unha vez máis,
desta volta a raíz dunha licenza outorgada polo concello en pleno
peche polo Covid para obrar e abrir unha cafetería, feito detonante
pola nosa indefensión da nova apelación ó Defensor del Pueblo.

En resposta á nosa petición, o Defensor tennos solicitado o pasado
mes documentación varia que xa enviamos, continuando o proceso, do
que iremos dando conta a medida que a situación o requira.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *