Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Plenos


   Plenos ou baleiros… (de contido e de público) o caso é que apareceron na sede electrónica do concello as convocatorias de dous plenos, os dous extraordinarios, que deixo en baixo.

   O primeiro coido que é perfectamente comprensible, e mesmo é doado estar de acordo coa proposta realizada polo PP. O segundo, foia falta saber chinés para entendelo (ou sexa, estar no concello no lugar adecuado). Se se mira un pouco, verase que o pleno anterior, de 29 de marzo, non foi avisado na sede electrónica, aínda que si aparece a acta un mes despois de celebrado. Como os plenos ordinarios son cada dous meses, é de supoñer que saia outra convocatoria en breve para o pleno ordinario correspondente a maio. Se sae e a vexo, darei conta dela.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *