Despois de comprobar que nestes momentos e dende onte non se pode acceder ós documentos anexos á nota de prensa do concello do 15 de abril, déixoa a continuación e engado os documentos que me pasaron do concello.
“
LEVA O NOME DA POBOACIÓN HISTÓRICA MÁIS IMPORTANTE
Ría de Ribadeo
15/04/2021
O Concello ven de dirixir escritos ao Instituto
Geográfico Nacional, á Consellería de Cultura, á Real Academia Galega e á
Subdelegación do Goberno en Lugo para coñecer as pretensións do
Principado de Asturias co topónimo oficial da Ría de Ribadeo. O alcalde,
Fernando Suárez, subliña que “a ría de Ribadeo é un ben común de
asturianos e galegos, que debe unirnos en lugar de afastarnos”.
Suárez Barcia dixo que “sen ter coñecemento directo neste asunto, e
tomando con cautela todo o expresado por parte da prensa, remitimos
solicitudes ao Instituto Geográfico Nacional co fin de coñecer as
pretensións exactas do Principado de Asturias nesta cuestión así como o
fundamento no que as basea. Tamén diriximos escritos á Consellería de
Cultura, á Real Academia Galega e á subdelegada do Goberno en Lugo”.
O
alcalde de Ribadeo sinalou que “non entendemos a necesidade de reabrir
este debate nestes momentos, máis cando o Instituto Geográfico Nacional
xa o deixou moi claro no seu informe do ano 2008. É dicir, a ría de
Ribadeo é un ben común, tanto de asturianos como de galegos, non é máis
dunha beira que da outra, e debe unirnos en lugar de afastarnos, pero
vémonos na obriga de defender novamente a oficialidade do topónimo da
Ría de Ribadeo como único válido por todas as razóns que a historia
desde séculos atrás avalan e que todas as rías en Galicia, en Asturias e
no Cantábrico levan o nome da poboación histórica máis importante”.
Fernando
Suárez manifestou que “non é ría do Verdugo senón ría de Vigo, non é
ría do Landro senón ría de Viveiro, non é ría del Navia senón ría de
Navia e non é ría del Sella senón ría de Ribadesella. Polo tanto, non é
ría del Eo senón ría de Ribadeo”.
O rexedor considera que “quen
está a promover de novo este enfrontamento interesado debera promover
máis a resolución dos problemas que hoxe ten a ría, como os altos niveis
de coliformes provocados pola falta de saneamento integral
especialmente pola banda asturiana”.
“
Documentos:
Solicitude presentada ante a Subdelegacion do Goberno (pdf, 1,04 mb)
(as copias das imaxes 3 e 4 anteriores repítense nos documentos seguintes, pero non se volven reproducir aquí)
Solicitude presentada ante a RAG (pdf, 1,05 mb)
Solicitude presentada ante a Conselleria de Educacion e Cultura (pdf, 1,05 mb)
Solicitude presentada ante Politica Linguistica (pdf, 1,05 mb)
Solicitude presentada ante o IGN (pdf, 978,39 kb)