Trataranse varios puntos, entre eles un par de aprobacións iniciais e catro mocións, incluída a que pide un rpqrto xusto dos fondos europeos, incluíndo transparencia e respecto ó medio ambiente:
1. Aprobación se procede das actas das sesións anteriores Ordinaria de 26 de xaneiro e extraordinaria urxente de 26 de febreiro de 2021.
2. Expediente nº 1295/2021 de toma de posesión do Concelleiro electo polo BNG D.Marcos Antonio Villamil Martínez. -Nota: pola resignación de Jesús MundiñaAcebo
3. Expediente nº 1197/2021 relativo a interpretación do artigo 371 normativa do PXOM requirido pola Consellería de Medio Rural.
4. Expediente nº 1452/2021 relativo a aprobación do Recoñecemento Extraxudicial de créditos núm. 1/2021.
5. Expediente nº 4524/2020 relativo a dación de conta de doazón dunha escultura para o cemiterio municipal de Ove.
6. Expediente nº 432/2020 relativo á Ordenanza reguladora do uso das praias de Ribadeo. Aprobación inicial
7. Expediente nº 432/2020 relativo á Ordenanza reguladora do servizo de limpeza e xestión de residuos do Concello de Ribadeo. Aprobación inicial. -Nota: ver https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2021/02/visitando-o-proxecto-de-ordenanza-de.html . No seu día enviei un escrito, que me foi contestado aceptando algúns cambios, entre eles, o do nome da ordenanza.
8. Control dos órganos da Corporación (art. 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril).
9.
a)Dación de conta de Decretos ditados pola Alcaldia entre o 1 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2021.
b)Mocións:
1.Do Grupo Popular sobre modificacións nas taxas e outras medidas económicas motivadas pola COVID19. Expediente núm. 656/2021.
2.Do Grupo Popular sobre reforzo da imaxe de Ribadeo como inicio etapa Camiño Norte . Expte. núm. 1549/2021.
3.Do Grupo Popular sobre baixada no IVE das perruquerías. Expte. nº 1108/2021.
4.Do Grupo Popular sobre modificacións na Lei de Educación LOMLOE. Expediente nº 4446/2020
4.Da Coordinadora Galega por un reparto xusto dos fondos europeos sobre garantías lexislativas ambientais, transparencia e acceso á documentación pública das iniciativas empresariais galegas. Expediente núm. 966/2021. -Nota: ver https://www.ecologistasenaccion.org/161198/accions-de-protesta-nas-vilas-galegas-contra-o-xeito-de-reparto-dos-fondos-europeos-de-recuperacion-next-generation/