Por fin, despois dunha reclamación non atendida, recurso ó Valedor do
Pobo, resposta incompleta, reclamación do valedor… sábese a
distribución dos cartos ‘extra coronavirus’ para os centros públicos de
Galicia. Praza.Gal comezou o proceso hai seis meses e remátao agora
poñendo os datos recibidos nun formato amigable para aproveitar. Aquí
quedan os que corresponden a Vilalba (por certo, no listado vese as
claras que o criterio de distribución non foi o número de alumnos, ou ao
menos, non só).
65 IES Santiago Basanta Silva Vilalba 27013314 14454 €
216 CEIP Antonio Insua Bermúdez Vilalba 27013338 10717 €
282 CEIP Manuel Mato Vizoso Vilalba 27013296 9442 €
785 IES Lois Peña Novo Vilalba 27013326 2068 €
797 CEIP Terra Chá Vilalba 27015827 1919 €
842 CEIP Monseivane Vilalba 27015724 1356 €
O primeiro número corresponde ó número de orde por importancia da
recepción (dun total de 920, non aparecen cos CIFP), e o comezado por 27 é o código do centro para a administración da
Xunta.
O centro que máis cartos recibiu en Galicia tivo 31 347 € e os dous que menos, 600 €
Como comprativa, os correspondentes a Ribadeo:
164 CEIP Gregorio Sanz Ribadeo 27010891 11717 €
276 IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Ribadeo 27020902 9546 €