Evaristo Lombardero Rico, nado en Ribadeo en 1946, é médico de profesión (hoxe xubilado), especialista en neumoloxía.
Ten desenvolto unha longa labor como activista no campo do asociacionismo, do ecoloxismo, etc. Nos últimos anos tren impulsado ou sumado o seu tempo á Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo (1991-2015), Plataforma de grupos por un Trazado Alternativo da Autovía do Cantábrico (1998-2012), Colectivo Por Nuestro Faro (2015-actualidade), MODEPEN (movemento de pensionistas) e movementos pola Saúde Pública de Asturias e Galicia, entre outros.
O seu tempo libre adícallo ás afeccións do cultivo da camelia e do castiñeiro enxertado.
Ten publicado artigos en diversos medios en papel e en formato dixital. As súas entradas do blog, no que aparecen dende hai tempo, están agrupadas na etiqueta “Evaristo Lombardero“.