Xa estou afeito -teño presentado queixa no seu momento, a contestación ‘debeu perderse’- a que o B Santander presente na súa web en castelán, inglés e catalán, deixando na cuneta o galego. O B Santander e diversas empresas máis.Pero remato de atoparme, para ver unha cousa na CRTVG, que a aceptación de ‘cookies’ está en castelán. Incongruencias dunha televisión ‘galega’ que matou ó Xabarín.