Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.300 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Día frío


Dia frío,

rúa baleira,

chan mollado,

atendendo neve.

Tras a saraiba,

nubes arriba,

o ceo crarexa

entre dous tempos

mexa que mexa.

O día segue.

O vento que soa,

o ano pasado

que aló leve.

Nubes negras veñen

mentres tanto

nós esperando

o arco da vella.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *