-
Fitur comeza en Ribadeo
A comezos de Febreiro 2020, en Ribadeo Si, si, xa sei: FITUR celébrase en Madrid, non en Ribadeo. Oficialmente. Pero o que en Madrid vai amosarse na feira internacional do turismo é cociñado antes nos respectivos lugares de orixe, sexan empresas ou localidades. E non só iso, senón que ten un impacto posterior noutros…
-
Pensando na auga cos pés na terra
Aló polos 80, o concello de Ribadeo e o centro de Formación Profesional colaboraron de xeito que o principal motivo de iluminación nas festas era un escudo feito no centro. Orgullo para o centro e os alumnos que o fixeron, e aproveitamento tamén por parte do concello. Unha colaboración, como se di agora, win-win…
-
Fágase a Luz
O pasado sábado Luz Pozo Garza foi declarada filla predilecta de Ribadeo. Non puiden asistir; como compensación engadín algunha cousa á súa xa longa entrada na Galipedia. En casos semellantes soe haber propaganda de diverso tipo, maiormente institucional, que anima a outra xente máis ou menos próxima a unirse á corrente, resaltando a…
-
O Colectivo Por nuestro Faro lembra que son dous anos sen acceso á illa Pancha. Nota de prensa
O Concello de Ribadeo aprobou a licenza de actividade dos apartamentos turísticos da illa Pancha o día 1 de decembro de 2017, ao constatar que a porta de acceso estaba aberta ás 14 horas daquela data. Varios informes técnicos internos do concello e da Autoridade Portuaria esixian esa condicón dacordo ca lexislación vixente. Sin…
-
Sostibilidade, unha palabra
Hai palabras de moda. Na actualidade unha desas é ‘sostible’ (e as súas derivadas, como Sostibilidade). Moitas veces, o malo destas modas é que facendo ver e resaltando o que indica a palabra, banalízase o significado. As verbas trivialízanse, asumindo unha precisión imprecisa. Precisión de significado fixado; imprecisión de interpretación e cumprimento. Sostible.…
-
Viaxar ás capitais… dende Ribadeo?
Hai unhas semanas aparecía na primeira dun xornal: ‘Viaxar a capitais galegas en transporte público dende Lugo é unha odisea’. Coido que quen puxo o título non atoparía outro para poñer sobre o mesmo tema dende Ribadeo… a non ser que usara a palabra ‘imposible’. No interior do xornal, o título era ‘Unha…
-
Lembrando os sábados das pensións en Ribadeo
Xa hai tempo que se superou o ano das protestas polas pensións, tamén en Ribadeo, onde, aínda con altibaixos estacionais, a protesta non está no seu peor momento. E iso veume á cabeza ó ler unha nova no El Economista en internet (“Los jubilados reciben de media 1,36 euros de pensión por cada euro cotizado”).…
-
Ribadeo: vista parcial da mañá de ano novo
As rúas non estaba baleiras, pero menos aínda cheas, mentres o sol ía desterrando o frío do novo ano…