Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha curiosidade: unha ‘irredutible aldea gala’ en Galicia


   Sabíalo? Eu sabía hai tempo do tema, pero non de que fora tan chamativo. Por medio de Daniel Díaz Grandío remato de enterarme abondo máis dun xeito gráfico.

   A cousa é que o Club Liceo, de A Coruña, Hóckey a patíns, este ano, unha vez máis, segue en primeira división. E, unha vez máis, de 16 clubes, 15 son cataláns. E, de novo o primeiro clasificado na liga é o Liceo… de novo por que o seu historial parece que o fai o clube con relativamente máis galardóns de calqueira dos deportes federados: “historicamente é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 40 títulos (18 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais).

   A ‘estrutura’ da liga fai que recorra tantos km como os seis clubes seguintes xuntos, entre outras cousas. O mapa de Daniel reflicte este feito: cada círculo ten un tamaño proporcional á distancia recorrida.

Por se alguén quere saber máis


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *