Por Nuestro Faro
Nota
de prensa.
Ribadeo,
20201214
Dende “Por Nuestro Faro”, en defensa dunha illa Pancha de todos e
para todos, a semana pasada enviamos un escrito ó sr. Alcalde de
Ribadeo volvendo a poñer claro algúns dos múltiples puntos que
consideramos están a ser, como mínimo, alegais. e pedindo
información sobre o seu tratamento. Enviamos o corpo do texto
enviado, resaltando algún dos puntos:
“Como vostede debe coñecer, no mes de maio de 2020 a Xunta de
Goberno do Concello de Ribadeo aprobou a concesión de licenza de
obra para o proxecto de ‘REFORMA DOS GARAXES ANEXOS AO FARO DE ILLA
PANCHA PARA DESTINALOS A CAFETERÍA’.
Posteriormente, tras comprobar que o proxecto desta nova obra non
estaba incluído no proxecto inicial que deu lugar a concesión para
uso turístico do antigo faro, o colectivo ‘POR NUESTRO FARO’
presentou unha alegación ao abeiro dos seis informes do Defensor del
Pueblo emitidos entre o 17 de febreiro de 2017 e o 10 de outubro de
2018.
Como Ve. debe saber, os informes do Defensor del Pueblo poñían
especial fincapé, entre outros puntos críticos co proxecto, na
carencia de Estudo de Impacto Ambiental Simplificado que esixe o
artigo 7.2 da lei de Avaliación Ambiental (21/2013 de 9.XII). Aínda
máis, nos dous últimos informes o Defensor daba conta da
aceptación por parte da Autoridade Portuaria da recomendación para
que se realizase E. I. A. Simplificado, pero este non
chegou a realizarse. Sin embargo, a Xunta de Goberno do Concello
de Ribadeo desestimou a nosa alegación afirmando que no expediente
actual non procedía entrar a valorar os devanditos informes do
Defensor.
Insistimos en que as obras actuais non estaban previstas en
ningún momento, nin en ningún proxecto dos que deron pe á
concesión inicial, polo tanto non foron avaliadas en ningún
momento por ningún dos organismos participantes
neste expediente, dependentes maiormente da Xunta de Galicia.
Chegados ao intre actual, atopámonos con que na Illa Pancha están
actuando dúas palas mecánicas, e non das máis pequenas, se ben non
podemos afirmar que sexa por mor da obra da cafetería no garaxe
devandito ou por outras actividades que descoñecemos. Se así fose
trataríase de un novo proxecto que tampouco foi publicitado nen
avaliado. En todo caso, queremos suliñarlle que na consulta que
fixemos ao expediente da nova cafetería, no mes de xuño de 2020,
non atopamos ningunha referencia ás actividades das devanditas
palas.
Pola outra banda cómpre suliñar que o acceso libre á illa,
que esixía a concesión de licencia de actividade dos
apartamentos de data 1/12/2017 segue sen aplicarse (como tamén
Ve debera saber), polo tanto as escavacións que poderían efectuar
as devanditas palas non son visíbeis senón a moita distancia.
Por todo o anterior agradeceríamos que nos informe se as
devanditas palas mecánicas están actuando por mor da obra de
reforma do garaxe para cafetería e en que consistiría
esa actuación, habida conta de que resulta un pouco
estraño que a simple reforma de un local
para cafetería precise unha nova escavación no terreo
da illa. Polo demais, insistimos en que esa actividade nunca foi
avaliada por autoridade algunha con competencia en
Medio Ambiente.”