Resulta que o domingo 16 (non o 13 que indica o cartel, quedou posposto pola temperie) e o 24 hai actividade de astronomía. Charla e despois, observación. Serán levadas a cabo por Pedro Pablo Campo apoiado por Jorge Gómez.
A nota do concello:
“
O Concello de Ribadeo colabora na organización
dunha nova actividade de astronomía, como ven sendo xa habitual nos
verán ribadenses. Este ano leva por título “Congreso público. A
Astronomía nas Rutas Xacobeas”. A primeira actividade estaba prevista
para este xoves, pero muda de data por mor do mal tempo previsto para
esa noite.
A primeira observación, que estaba prevista para o día 13, queda
aprazada para o vindeiro domingo, 16 de agosto, “xa que a previsión
meteorolóxica para o xoves é mala”, segundo explican desde o Concello.
Esta
nova cita coa astronomía, aberta a todos os públicos, consistirá nunha
charla no Cine Teatro e unha posterior observación na Praza de España os
días 16 e 24 de agosto. O día 16 a charla terá lugar as 21:00 horas e a
observación as 22:00 horas, mentres que o 24 de agosto a charla será as
20:30 horas e as 21:30 terá lugar a observación.
Desde o
Concello lembran que “por mor do covid o aforo estará limitado a 50
persoas cada día, polo que os interesados deberán de contactar coa Área
de Medio Ambiente para apuntarse chamando ao teléfono 982 12 07 01.
Ademais, será obrigatorio cumprir coas medidas sanitarias vixentes no
momento da actividade”.
Congreso Público. A Astronomía nas Rutas Xacobeas está organizado pola USC, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, Turismo de Galicia, Xacobeo 21 e Concello de Ribadeo.
“