Sen máis comentario, paso a nota de prensa publicada hoxe mesmo polo concello:
“FREIRE RANCAÑO DESTACA O TRABALLO REALIZADO
Test negativos
25/04/2020
Usuarios,
usuarias, traballadores e traballadoras do Hospital Asilo e do Centro
de Atención a Persoas Maiores de Ribadeo deron negativo nos test do
Covid-19 realizados estes días. A concelleira de Servizos Sociais
subliñou que se trata dunha gran nova e anunciou que as tarefas de
desinfección nesas instalacións seguirán mentres dure o estado de
alarma.
Mónica Freire
explicou que “vimos de coñecer que os test realizados nestes pasados
días tanto aos usuarios como aos traballadores e traballadoras do
Hospital Asilo e do Centro de Atención a Maiores de Ribadeo deron todos
negativo, co que nos alegramos de poder anunciar que ningunha destas
persoas vinculadas a estas dúas instalacións están infectadas polo
Covid-19”.
A edil de Servizos
Sociais recoñeceu “o esforzo que se está a facer tanto por parte da
Deputación Provincial de Lugo como polo propio Concello de Ribadeo nas
labores de prevención e desinfección das instalacións, tanto na súa
parte interna como externa e que se seguirán facendo mentres dure esta
situación de alarma”.
A
concelleira ribadense dixo que “esta é unha gran nova que tamén nos
reafirma no bo traballo que se está a facer, primeiro por parte dos
centros e das súas direccións, e segundo tamén pola parte de xestión
municipal que nos toca”.“