Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O día do libro: Viaxe sensible


pasando á beira dunha librería

Viaxe sensible

Chegar a unha vila e percorrela. Algo que queda coxo se non pulso a
vitalidade a traverso dunha biblioteca ou librería. A distribución
dos espazos no seu interior di da alma que se quer -e que se quixo-
para unha sociedade, a que construíu -e constrúe- o entorno que se
visita.

Librerías con estilo -vida- propio. Bibliotecas que son fogar.
Acollida para libros ordenados, próximos, acolledores eles mesmos. E
tamén de lectores, que se espallan polas súas entrañas -de
librerías, bibliotecas, libros- ó tempo que os poboadores das
páxinas fan a viaxe inversa, ó interior da persoa, a través do
espazo que os acolle, sen discriminación de ideas ou personaxes.

Tranquilidade -e ás veces, bulicio- na biblioteca, bulicio quedo na
librería, marcan o paso da vida sentida. Imperceptible e necesario
como o aire ós moradores, tesouro para os visitantes, non menos
gozadores.

Non, non se trata de ‘facer unha ruta do libro’. É unha ruta
interior, a túa viaxe multidimensional, física e interna.
Acolléndote.

Serie ‘O día do libro’:

1. Dous días, e libros

2. Viaxe sensible

3. Nunha biblioteca


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *