Hai xa tempo que José Antonio Carpente Sardiña sabe de estatística. Por iso, ó pouco de dispoñer de datos da pandemia foi actualizando día a día as táboas e as gráficas, amosando a evolución de Galicia e de España. Non é o único, pero coido que é reseñable tanto pola referencia a Galicia como entidade de estudo como pola consistencia amosada ó longo dos días ou a sinxeleza de interpretación. Como digo, emite un boletín diario, en pdf, de pronto para os seus amigos. Pero non de xeito exclusivo. Aquí vai o último (8 páx.), en formato .jpg, comezando polas táboas: