Descubrir mentiras sempre é un paso adiante. Cara á verdade, si. Pero ás veces podémolo ver como un paso atrás polo que nos fai sentir. Dende a inocencia perdida dos nenos que se decatan da inexistencia dos Reis (Magos) coa confusión correspondente, en diante… Mais en xeral os sentimentos asociados ó descubrimento das mentiras son asemade positivos.
Lembreime da idea anterior ó ver un artigo sobre o falseamento do número de mortos polo coronavirus en China. Dos tres mil largos que difundiu a contabilidade oficial para o conxunto chino, a cousa podería pasar a un número no entorno dos 40 000 en Wuhan, a capital da provincia que concentra o groso do número de casos. É dicir, ao menos dez veces máis do que se manexaba.
Moitos mortos, que indican tamén moitas cousas.
Entre elas, a primeira, que un estado cunha estrutura como o chino, non é confiable. Habería que discutir entón, na actualidade, dun xeito particular a confianza que se pode depositar nos datos de recuperación, ou, dun xeito moito máis inclusivo, a confianza que se pode depositar nun estado (máis aló de quen o goberne nun momento dado) debido a como se organiza, pola súa estrutura, polo sistema.
Outra, que se as mortes chinas serían máis de dez veces máis das ditas, e se os casos, os ditos, por ser menos sensibles, se axustasen máis á realidade, a mortalidade relativa sería dez veces superior. É dicir, a mortalidade na China elevaríase ata os arredores do 50 % dos casos detectados. E iso, levaría consigo que o falseamento de datos tería inducido a considerar o virus moito menos perigoso do que é na realidade, desenfocando así a resposta de quen creu (ou quixo crer) nos datos. Por exemplo, os gobernos occidentais.
Outra máis, que a transmisión de datos boca a orella, de persoa a persoa, popular, convírtese, segundo e como, en tan confiable como a transmisión do goberno. Non me estou a referir ás fakes que engaden fobia e insultos incontrolados na procura dun culpable a quen sacudir e quitar do medio como se iso fose anular o problema. Non, senón a casos como o dos comerciantes chinos que, previdos polas súas familias xa afectadas, tomaron precaucións ante as risas dos incrédulos clientes que acudían ás súas tendas… días antes de ser acusados de transmitir o virus!
E aínda máis. Por exemplo, de xeito esperanzador: se a porcentaxe na China é a ‘nova’, segundo os novos cálculos de mortos ‘non oficiais’, entón podemos confiar máis nos datos oficiais das nosas autoridades en España, que concordarían mellor coas novas porcentaxes observadas na China en relación ó informe de casos detectados. E mesmo con ese feito observado de que a poboación ‘branca’ teríamos menos receptores para permitir actuar ós coronavirus… É dicir, a datos de hoxe, os infectados declarados aproximaríanse máis ós reais ‘detectables’ (no sentido de presentar síntomas) e a enfermidade estaría en vías de control. A pesares dos desaxustes diversos que se podan ver nas medidas -tanto as tomadas polo goberno como as medidas de infectados-.
En fin, desvelar as mentiras pode ser tarefa ardua, máis achegarse á verdade soe compensar para saber como actuar e mesmo para comprendérmonos mellor. A nós e como sociedade.
Agora ben, temos xa unha aproximación boa á verdade ou haberá que seguir esperando o resultado do trabllo de quen anda na súa procura?