Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Aviso do concello: Covid-19: xestión de residuos


Copio a nota do concello sobre a xestión de residuos nos domicilios, despois de que, según se di, haxa xa algún caso en Ribadeo:

“O MINISTERIO DE SANIDADE DICTOU UNHA ORDE A ESTE RESPETO

Covid-19: xestión de residuos

23/03/2020



O alcalde, Fernando Suárez, ven de asinar un Bando con instrucións sobre a xestión de residuos na situación da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.



No mesmo indica que “no que aos residuos domésticos se refire, de competencia municipal, no anexo desta orde especifícanse as seguintes recomendacións en canto ao manexo de residuos nos fogares:



-Fogares con positivos ou en corentena por COVID-19:



Os residuos do doente, incluído o material desbotable utilizado pola persoa enferma (luvas, panos, máscaras), débense eliminar nunha bolsa de plástico (bolsa 1) nun cubo de lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.



A bolsa de plástico (bolsa 1) debe pecharse adecuadamente e introducirse nunha segunda bolsa de lixo (bolsa 2), á beira da saída da habitación, onde ademais depositaranse as luvas e máscara utilizados polo coidador, e pecharase adecuadamente antes de saír da habitación.



A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa de lixo (bolsa 3) correspondente ao cubo de fracción resto.



Inmediatamente despois realizarase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos 40-60 segundos.



A bolsa 3 pechada adecuadamente depositarase exclusivamente no contedor de fracción resto.



-Fogares sen positivos ou corentena:



A separación dos residuos realizarase como se ven facendo habitualmente, tratando de maximizar a devandita separación ao obxecto de reducir a fracción resto xerada. As fraccións separadas só se depositarán nos contedores correspondentes.



As luvas de látex ou nitrilo empregadas para outros usos non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo), senón no de resto”.



O BOE de onte, 22 de marzo de 2020, publicaba a Orde SND/271/2020 do Ministerio de Sanidade establecendo instrucións sobre a xestión de residuos na situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.”


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *