Poño a continuación dúas notas de prensa sobre a xuntanza que estaba prevista para este sábado na nova residencia de maiores:
A nova:
Asociación
pro maiores José Mª Rodríguez
Nota
de prensa
Ribadeo,
20200130 – Posposta de xuntanza
Tras recibir hoxe, 30 de xaneiro, a resposta do concello á nosa
petición de 23 de decembro, negando a posibilidade de uso dun local
na nova residencia de maiores para unha xuntanza, e ante a
imposibilidade de procura dun local alternativo adecuado e de dar o
correspondente aviso á xente interesada, posponse dita xuntanza, sen
ter polo momento nova data e lugar de celebración.
Oportunamente, e con tempo abondo, poñerase en coñecemento de
tódolos interesados a nova data, hora e lugar de celebración.
–
A vella:
Asociación
pro maiores José Mª Rodríguez
Nota
de prensa
Ribadeo,
20200129 – Lembranza
Ó achegarse a data da próxima xuntanza convocada para fundamentar a
Asociación pro maiores José Mª Rodríguez, lembramos que
terá lugar este sábado día 1, ás 18:00, nos locais da nova
residencia de maiores.
Como nas ocasións anteriores, convídase á asistencia a toda persoa
-teña algún familiar na residencia ou non- ou asociación
interesada en colaborar para que os nosos maiores teñan a mellor
calidade de vida.