-
As eleccións locais 2019 en Ribadeo. Históricos
Os resultados electorais soen compararse cos anteriores logrados para magnificar ou minusvalorar a victoria ou diminuír ou aumentar a derrota, para o que se empregan datos parciais. Querendo ser máis obxectivos, hai que contar cos datos tamén máis obxectivos, polo que vou gardando datos dunha a outra elección. Velaeiquí: A anterior é a gráfica que…
-
As eleccións locais 2019 en Ribadeo. Gráficos
Din que as cousas compréndense mellor de xeito gráfico. Despois de presentar os datos xerais das eleccións locais 2019 en Ribadeo, aquí quedan tres gráficos e algunha táboa, como segunda entrega desta serie. O primeiro representa o que fixo cada votante: os que votaron a cada partido, os que se abstiveron, os votos nulos e…
-
As eleccións locais 2019 en Ribadeo
Maioría absoluta do BNG con 7 concelleiros, 4 para PP e 2 para PSOE, quedando En Marea, RNU e CxG sen cadeira. Imos primeiro polos números. Unha vez escrutado o 100%, con datos tomados directamente da páxina oficial das eleccións: Na primeira táboa parece o Padrón, os votos a partidos, nulos, en brtanco e abstención,…
-
Día de festa das letras galegas
Hoxe é día de festa das letras. Desfrutemos e deixémolas descansar, co mínimo imprescindible. O resto do ano, a traballar! Coido que é así, e non ó revés, non?
-
Anulada – Enquisa das eleccións municipais Ribadeo 2019 por teléfono móbil
Anulada. Na mañá do día das letras galegas, pola baixa participación, que achaco ó fallo do cambio de clave diaria da que non avisei, retiro a enquisa. Noutra ocasión voltarei a intentalo cun esquema mellorado de difusión. — Como anunciei na entrada anterior, despois de expoñer as listas dos partidos e o seu programa, paso…
-
Eleccións o 26: programa dos partidos que se presentan en Ribadeo
Versión 2: incorporado programa BNG Despois de ver que comezada a campaña, non hai un lugar para comparar os programas das diferentes formacións, pedínlles que me enviaran unha referencia que poder colgar ou ligar en pdf, para homoxeneizar o máis posible a comparación. Sei que aínda así haberá diferenzas de presentación, pero menores que…
-
A humidade corroe
Vivimos nunha zona húmida. Estamos afeitos á humidade, e a dispor de auga en abundancia. Sabemos que é un privilexio ter á nosa disposición na natureza unha cantidade de auga moi superior á que dispoñen noutros lugares. Pero tamén sabemos que a auga pode ser mala. Non só a maior humidade favorece reuma ou artrite,…
-
Coñeces a quenes se presentan ás eleccións ó concello de Ribadeo?
Supoño que xa verías todas as candidaturas, pero non xuntas, o que dificulta comparar e fan que se esquezan nomes. A falta de coñecer programas (polo momento, coido que só unha formación está facendo un anuncio do seu esbozo de programa dun xeito sistemático), aquí van as candidaturas que se presentan ó concello para…
-
Estás en venda
Non nos enganemos: ninguén dá os pesos a catro pesetas. É un principo que coñecemos das transaccións comerciais. Outra cousa é coñecer o valor do peso para poder calibrar o cambio e saber se cho venden polo xusto prezo. En eleccións pasa algo parello. Pero o que está en venda es ti. O teu futuro,…
-
Unha lembranza para unha persoa e a súa obra
Hai dous anos que nos deixou José Mª Rodríguez. O esforzo dos seus últimos anos, a residencia, está a piques de comezar a funcionar. Está claro que. con todas as tachas que se lle poda poñer, non estaría construída sen o seu empeño e bo facer. E as tachas, os que vivimos de preto o…