Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A maxia contida na literatura. Por Pablo Mosquera


Nota: Ó final, o vídeo da presentación.

Feira do Libro na súa quinta edición.

Lugar, a praza da Mariña en Burela

Organizada polo concello e o seu departamento de cultura.

Venres, sábado e domingo.

Música, encontro para autores, libreros e lectores.

Alí estaremos os habituais: Paco Rivas, Carlos Novo Cal, Vicente Míguez, Sito Otero Regal, eu mesmo…

O noso fin último, que as xentes adquiran o hábito da lectura, como entretenimiento, coñecemento, aproximación á verdade histórica, deixarse encantar con relatos fabulosos e fermosos poemas.

Este ano fixéronme pregoeiro de tal evento. O serei o sábado ás 12:30 no medio das casetas que poñen ao alcance do público obras creadas para dar a batalla ás máquinas infernais que escravizan as vontades e conforman novas adicións ao servizo dunha sociedade onde a subcultura é produto de consumo e alienación. Algúns rebeldes seguiremos loitando. A máis fermosa e inacabada das revolucións segue sendo cambiar o mundo. Ata nas artes plásticas a loita contra ese estilo inxénitamente hortera da arte Naïf. Onde monigotes con tempestade de cores queren describir momentos, personaxes, lugares e instantáneas, para facelos virais… Diso saben algúns impostores.

Man a man, o domingo a partir das 20 horas. O meu amigo Sito Otero Regal e eu, volveremos desempoar dúas reedicións: “Historias de Nunca máis” e “A Maruxaina e outras Sereas”.

Coa primeira cóntolles historias máxicas: “”O Santo do Muiño”; “A Moura do Vidreiro”; “A pantasma de Rúa”; “Sombras nada máis”; “O pianista sen piano”; “Conto de Nadal”; “O gaiteiro de Rueta”; “Arponero”; “A noite máis longa botando as cartas”; “A Ninfa das Cetarias”; “Reloxeiro”; “Historia dunha caracola”; “Ron Negrita”; “A Kalista”; “Muiñelos”; “Entre Viquingo”. Acompáñanme no periplo por lugares que están ao voso alcance nesta costa ao norte do norte, xentes como o último Torrero do Faro na Estaca de Bares, e outros amigos que fixeron as ilustracións de cada relato.

Coa segunda trátase de acompañar con relatos sobre o mundo das sereas ás magníficas ilustracións que fixo Otero Regal para darlle vida artística, máis aló do maldito botellón, a esa festa en torno a Maruxaina. Aproveitaremos para contar con documentos o nacemento de tal evento, tratando de eludir ese mundo Naïf que usurpa a verdade e que nos conduciron ata -alfa e omega- o peor do mundo onírico da serea do norte de Pastor Díaz.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *