Hai xa case un mes, o 7 de xullo, a mesa redonda ‘O libro como ferramenta: asociacionismo e cultura‘ deu lugar a unha segunda entrada sobre o tema no blog. Un tema que propiciou ser retomado na feira do libro sobre o mar e a súa cultura de S. Cibrao, tamén nunha mesa redonda, co título ‘A nosa cultura pode crear riqueza e traballo: o valor económica da nosa cultura’, na que participaron Farruco Graña, Geluca Campo e Carlos Nuevo Cal, moderados por Alfonso Otero Regal.
Era previsible que o tema saíra de xeito semellante á mantida en Ribadeo por Neves Paz como coordinadora, a representante da A.C. Francisco Lanza,
Dores García Abel, do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, Carlos
Nuevo Cal, de Os Aventados, Pablo Mosquera Mata, e de O Tesón, Antonio
Gregorio Montes, mais houbo matices abondo como para reproducir as intervencións, cousa que fago ligando ó podcast ribadeando, entrada A nosa cultura pode crear riqueza e traballo: o valor económica da nosa cultura.