Onte tivo lugar a mesa redonda “O libro como ferramenta: asociacionismo e cultura”, celebrada na antiga oficna de turismo dentro dos actos da feira do libro 2019, en Ribadeo, ‘Letras no campo’. Nela participamos Neves Paz como coordinaodra, e a representante da A.C. Francisco Lanza, Dores García Abel, do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, de Os Aventados, Pablo Mosquera Mata, e de O Tesón, Antonio Gregorio Montes. Esa mesma orde foi a de constitución das diferentes sociedades, respectivamente, 1971, 1974, 1996 e 2003, pasando a falar en orde inverso diante dun escaso público, que si participou interactuando na rolda de preguntas, que tivo que ser rematada polo peche da feira.
A totalidade da mesa redonda está recollida nun episodio do podcast ribadeando, e é difícil de resumir, pois cada quen enfocou o tema de xeito moi diferente. Alí saiu a historia de diversas publicacións, os problemas da edición, en particular la actualidade, co sistema privado de ISBN e o empuxar ás asociacións a convertirse en empresas ou facelo fóra da lei, a mercantilización da cultura e a navegación das asociacións por tanto por un mundo no que non sabemos movernos, pode que porque non nos guste o sistema, o por que de abuso de temas que se querería deixar, a existencia de catro cronistas na Mariña e a súa relación coa cultura, a poboación envellecida que vai mermando, a reclamación de actuación das institucións, a asunción dos cambios legais por parte das asociacións, as subvencións e a súa implicación, a distribución das publicacións, a petición de achegamento institucinal á Mariña, … e moitos outros temas, entre a desilusión e a emoción, mais tratados con serenidade.