Ao ritmo actual, se es maior de idade, isto é, ao menos tes 18 anos, o mar subiu dende o teu nacemento ao menos 8 cm, 4,8 mm/ano.
Se vives en Ribadeo, iso significaría que verías o tesón na ría cousa de media hora menos cada día. Significaría, se non fóra por un detalle: a subida do nivel do mar tamén fai que entre relativamente máis auga na ría e se colmate máis, aumentando a necesidade de dragado, aínda que o maior nivel de auga parecería implicar maior calado.
E na praia? Pois cada unha funcionará de xeito diferente, mais, de conservar a area, significaría cousa de 1 m menos de praia en cada momento. Pero, a elevación do nivel do mar implica nas praias sobre todo maior erosión, logo aínda menos praia…
E nas catedrais, ese monumento natural icónico que leva anos potenciando a economía ribadense? Pois mais nivel do mar implica maior erosión, e polo tanto, menor duración: caerán antes, con todo o que iso significa.
Cada unha das afirmacións anteriores é matizable: son afirmacións vagas e xerais. Pero iso non significa que por termo medio, sexan ‘verdades coma puños’.
Ah! e o cambio climático está acelerando. Iso significa que ne próximos anos os seus efectos acentuaránse. E non só no nivel do mar… estás preparada ou es outra persoa inxenua máis (entre outras posibilidades que non significan que podas solucionalo dex eito individual)?
![]() |
Xoias das Maldivas, foto da ESA na que se recollen as illas Maldivas, un dos lugares máis afectados pola suba do nivel do mar (a súa elevación máixima é equivalente á do tesón en marea baixa) |