Onte, 28 de decembro, tivo lugar a presentación do libro editado pola AVV O Tesón, ‘José María Rodríguez Díaz, in memoriam’ en Mondoñedo. Presidiu a mesa a alcaldesa, Elena Candia, e participaron no acto Manuel Otero ‘Xanetos’, e Isidro Fernández ‘Cidre’, a máis de min. O público escoitounos por tres cuartos de hora o relato de diversas vivencias de/con José María e relacionadas co libro. Ó final do acto, o concello de Mondoñedo agasallou ós asistentes cun exemplar.
Resultou emotivo, ó tempo que se poideron lembrar uns, aprender outros, novas cousas sobre José María e a época e os feitos que lle tocou vivir.
As fotos son de Mª José Cociña.