Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha tese, un libro, creative commons, Xoán Hermida


    Hoxe 10 de novembr de 2018, pola tarde, ás 20:00 h, na Casa do Mar de Ribadeo, terá lugar a presentación do libro de Xoán HermidaGalicia no labirinto da nova política”. Corresponde á édición da tese doutoral “Movementos sociais e altermundismo en Galicia: de Nunca Máis a AGE (2002-2012)” pola que se lle concedeu ó autor sobresaínte cum laude. No seu blog, aparecen o texto íntegro e apéndices da tese, cunha licenza creative commons (http://creativecommons.org/licenses/by-nd/4.0/):

pdfMOVEMENTOS SOCIAIS E ALTERMUNDISMO EN GALICIA

pdfCartografía_1_ASociacionismo

pdfCartografía_2_SMO

pdfCartografia_3_Redes

    Acompañarán na mesa a Xoán Hermida, Evaristo Lombardero e Paula Vázquez Verao.

    Tamén no seu blog pode accederse ó seu currículo:

*ACADÉMICO:

DOUTOR EN XESTIÓN PÚBLICA. CUMLAUDE.  Tese
sobre Movementos Sociais e Altermundismo en Galicia: De Nunca Máis a
AGE (2002-2012). Departamento de Ciencia Política e Socioloxía.
Universidade de Santiago de Compostela. Decembro 2015


POSTGRAO: MASTER FILOSÓFIA – CUESTIÓNS ACTUAIS
Universidade de Santiago de Compostela. Curso 2010/2011

CURSO DE ANALISE POLíTICO E MARXISMO
Instituto Marxismo-Leninismo axunto ao CC do PCCH. Praga. Outubro 1986/Febreiro 1987

LICENCIATURA EN HISTORIA CONTEMPORANEA
Universidade de Santiago de Compostela. Promoción 1984/1989

*PROFESIONAL:

FORO OBENCOMÚN

Director. Desde outubro 2.015 ata a actualidade

MASTER DE COOPERACION INTERNACIONAL E XESTIÓN DE ONGs. USC

Docente. Cursos 2003/2004 ata actualidade

  

Xoán Hermida. Foto collida en https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Xo%C3%A1n_Hermida.jpg
(licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 Unported )


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *