Hai pouco aínda, creouse, mantívose e solucionouse polo momento ou ao menos outro na confluencia entre Paco Lanza e Avenida de América. Pero iste leva máis tempo nunha saída de máis tráfico e con máis visibilidade.
Parece un campo minado, pero é a glorieta de entrada a Ribadeo, dende Os Galos á A-8. A foto de Suso Fernández é abondo descritiva como para que apareza na Galipedia, e pode esar nas voces Ribadeo, A-8, Vilaselán, rotondas … onde sería de contraste ou en desastres da guerra, onde pasaría inadvertida.
O que quizáis fai diferente este caso do outro citado é que aquí poden sobremontarse administracións, e polo tanto, unha escúdanse nas outras e un polos outros, a casa por varrer, ou o acceso sen amañar. A quen lle toca? A quen circule, purgar.
Cabe lembrar que foi esta glorieta a que se deixou sen acceso dende Galicia pola A-8 (ten entrada dende Asturias e saida para Asturias e Galicia, pero non entrada dende Galicia, como se ve no mapa). Haberá que comezar a difundilo doutro xeito a ver se se enteran?