Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

¿SAINETE OU CACHONDEO? Nota de prensa de ‘por nuestro faro’ – Ribadeo


Damos conta hoxe da resposta do goberno español á pregunta formulada polo deputado Miguel Anxo Fernan Bello do grupo En Marea con data de entrada do 10/10/2017 e resposta por escrito o 19/12/17. Fernán Bello preguntaba concretamente cal era a postura do goberno tralo segundo informe do Defensor del Pueblo de 22 de Agosto. A resposta do goberno está colgada no noso grupo de facebook.

Como pode apreciar o lector interesado ao comparar estes documentos (as respostas ao defensor e a Fernán Bello) hai sutís matices da redacción que conducen a interpretacións diferentes. Nos dous documentos aparece a frase que publicamos a semana pasada: “El informe del Defensor del Pueblo fue trasladado al concesionario-promotor de las obras para que aporte la documentación de que disponga, al objeto de mejorar la motivación de la evaluación ambiental efectuada”. Pero na resposta a Fernán Bello aparece a seguinte expresión que non figura no informe do Defensor “en el sentido de que el proyecto no afecta apreciablemente al entorno”.

Así pois, na resposta ao deputado o goberno da por sentado que se está falando só do “proxecto” dando a entender que se trata do proxecto de obra interior do faro, como ven repetindo insistentemente dende o comezo, para seguir ca parola de que tódolos informes emitidos ate agora eran conformes á lexislación vixente. Sin embargo no comunicado que nos remite o Defensor o día 4 de xaneiro que xa publicamos a semana pasada di expresamente: “incluyendo no solo los impactos de la realización de las obras necesarias sino también del uso turístico del faro, en relación con los objetivos de conservación del espacio- No obstante, antes de concluir las actuaciones y dar por aceptadas las sugerencias, es preciso conocer el resultado de dicho estudio” (o suliñado é noso).

Ou sexa o goberno dille a Fernán Bello que lle piden un papel ao concesionario e o defensor entende hai que agardar ao resultado dun novo estudo. Mais claro auga.

Dende o noso ponto de vista facemos os seguintes comentarios:

1.- Se a Autoridade Portuaria recoñece que hai que “mejorar la motivación de la evaluación ambiental” está decindo claramente que a documentación está incompleta, porque se estivese completa non habería nada que mellorar.

2.- Consideramos unha saída de pata de banco que a Autoridade Portuaria se dirixa agora á empresa promotora cando a responsabilidade do requerimento dos informes pertinentes é da súa competencia, malia que tamén fose do Concello comprobar que se axustaban a dereito antes de conceder as licencias. Vemos, xa que logo, que a Autoridade Portuaria “delega” as suas competencias nunha empresa privada. Agardaremos o que teña que dicer o concello ante esta extravagancia.

3.- A expresión “el proyecto no afecta apreciablemente al entorno” amosa unha contradicción entre o goberno e a Autoridade Portuaria e non concorda cas esixencias da lexislación europea, española e galega que recordou repetidamente e volve a lembrar o Defensor e que se concretan en que os proxectos que afecten a Rede Natura 2000 deben acreditar que non terán impactos medioambentais nen na fase de obras nen posteriormente, cando se desenvolvan as actividades turísticas. Como vemos, máis unha vez, a Autoridade Portuaria ven interpretando a normativa vixente no senso de rebaixar os contidos e as esixencias da mesma.

Pero a pérola das contradiccións nos discursos sucesivos do goberno está no penúltimo párrafo da resposta a Fernán Bello onde di: “la Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao ha tenido en cuenta determinadas sugerencias recibidas, relativas a la preservación del medio ambiente, como por ejemplo prohibir el estacionamiento de vehículos en la Isla”. (o suliñado é noso).

Señores: se ésto non é un sainete que veña o diaño e nolo explique, porque deus non será quen. Agora resulta que está prohibido o estacionamiento de vehículos na illa, e nós sen enterarnos e o concello mutis por el foro e qué foi da concesión outorgada o 30 de xunio de 2015, que autorizaba un aparcamento cun máximo de catro coches?. E non vemos a diario os coches aparcados na illa?. E quen advetiu á empresa concesionaria desta disposición? E quen vai controlar que se cumpla? O Sr. Alcalde desde Fitur.

Calquer principiante pode decatarse de que se agora se recoñece a prohibición de aparcar coches na illa é tanto como decir que esta actividade turística é incompatible ca normativa da Rede Natura 2000.

Señores: ésto non é un sainete, ésto un cachondeo.

(PD.: No último minuto chéganos a grabación da resposta do Sr. Alcalde á concelleira do PSOE Cristina Losas, no pleno do día 23. O tema queda para a próxima semana, pero xa verán que simpático aquelo de “Puertos díxome, díxome…. pataqueirada”.

COLECTIVO POR NUESTRO FARO

24 de Xaneiro de 2018


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *