Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un inmoble por cada ribadense. 30 000 € de valor catastral


Iso é o que se desprende do censo de inmobles no concello. Case 10 000 habitantes, case 10 000 inmobles. A valoración total sobe algo de 300 000 000 €, o que da, de media, algo máis de 30 000 € de valor catastral por cada inmoble. Ou por cada ribadense. Algo menos de 2 000 000 € de recadación esperados por contribución/impostos de bens inmobles, 200 € por ribadense ou por inmoble… 1 € de imposto por cada 150 € de valor catastral.

Algo tratado onte no pleno, no que se decidiu manter a presión fiscal e non aumentala como se tende no estado. Como? Mentres que aumenta a valoración catastral (manexada por entidade estatal), diminúe o coeficiente aplicado polo concello –como estaba previsto (ou aquí)- para o cálculo da taxa correspondente.

O número de inmobles vai aumentando: en principio, despois dos anos de construción, lonxe xa do bosque de grúas que chegou a tentar poboar Ribadeo, por regularizacións.

E a distribución de inmobles, como é? Ah! diso non se tratou onte!

Proxecto de BIC para a zona da Torre dos Moreno en 1995. IBI importante, e centenario, xa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *