Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Xulgando o xulgado


Hai máis de ano e medio unha entrada no blog titulábase ‘xulgado o estado do xulgado‘, coa foto que adxunto. Era unha entrada máis das que se viron no blog sobre o xulgado, complementarias das que tamén viron á luz no blog de O Tesón, en ambos casos mesmo antes a recollida de sinatura que se fixo no ano 2010.

E como segue agora o tema? A resposta é sinxela: peor.

Por unha beira, o deterioro do edificio do antigo concello, onde se asenta hoxe o xulgado de paz, segue a deteriorarse, malia as chamadas de atención mesmo no estudo dos escudos da súa fachada. De tal xeito que onte estivo sen luz ata mediodía, amañada de xeito provisional por un funcionairo do concello, e cunha apariencia peor ca da foto que se amosa, de hai máis de ano e medio.

Pola outra, o nulo apoio político da reivindicación iniciada polo Tesón en pos do retorno do xulgado de primeira instancia e instrución, que perdeu hai xa máis de medio século (1965), fai que a posibilidade dunha recuperación se vexa cada día máis lonxe. As dúas imaxes a continuación, de 2010, non tiveron renovación posterior a pesar da viaxe do Presidente de O Tesón a Madrid.

E nesas seguimos: un sindicato, a CIG, pretende unha solución provisional: outro local. Mentres, o público segue abandoado, e a xustiza, tamén.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *