Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Un pleno pode ser divertido


Un máximo de 7 persoas estivemos onte vendo o desenvolvemento dos puntos na orde do día do pleno de onte no salón de sesións do concello de Ribadeo. 16 concelleiros dos 17 (faltou Ana, do equipo de goberno, e chegou Jorge, tamén do equipo de goberno, no punto 4º,) xunto con tres funcionarios (interventor, secretario e vicesecretario) máis que duplicaban ó público.

O pleno foi emitido en directo vía Facebook polo PSOE ata un certo punto no que deixou de facelo por problemas técnicos, e colgarao en youtube proximamente (darei conta delo)

Foi un pleno que durou de 20:30 a 22:45, e no que estaba interesado especialmente na constitución da comisión para informar do tipo de xestión da nova residencia de maiores e na pregunta, realizada polo PSOE, sobre o estado actual de licenzas e revisións dos apartamentos na Illa Pancha. E no que houbo momentos que deron para sorrir por diversas razóns, aínda que nisto dos sorrisos, moitas veces as causas vaian por barrios.

Como pleno longo que foi, hai abondo que dicir, aínda que concentrado en certos puntos. Vaia hoxe un resume pequeno, centrado sobre todo nas votacións.

O punto 10, a Proposta de constitución dunha Comisión Informativa Especial para estudo e informe do sistema de xestión da Residencia para persoas maiores de Ribadeo, saiu adiante por unanimidade. Estará constituída, por lei, por un presidente (o alcalde), catro membros do BNG, 2 do PP, 1 do PSOE, e 1 de C’s. Participará o secretario e persoal técnico do concello, con voz pero sen voto. Remarcouse que está a rematarse o equipamento, e interviu o secretario para dicir que agora é o momento de redactar o informe que se pedía dende a Xunta (Consellería de Servicios Sociais) sobre xestión e financiaciamento, non antes. Un dos puntos sobre o que volver no futuro.

O punto 14, por lei, inclúe tamén mocións e rogos e preguntas. Nestas últimas, unha do PSOE foi a repetición en pleno do escrito de Por Nuestro Faro de 18 de outubro, aínda sen contestar. Aínda que noutro momento poda ampliar o comentario, cun ‘espero que non se demore moito esta situación’, o alcalde rematou a súa intervención despois de dicir varias veces de diversos xeitos que os técnicos están a avaliar a situación (do estado de cumprimento do pedido para concesión de licenza) sen aclarar se se concedeu ou non.

O dito, continuará.

Un momento do pleno de onte

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *