Onte, mesmo en marea alta, había xente abondo polas catedrais. Non tanta como no verán, pero si abonda.
Xa non había vixiantes, claro, a xente andaba por todos os lugares. Non había xeorutas, e a xente ía cadaquén á súa bóla.
Mentres, o estado de conservación segue adoecendo de faltas evidentes.
Vista das catedrais, onte |
Zona protexida maís esquecida pola xente que polas catedrais vai |
O coidado da madeira está fiado ás costosas reposicións, non á pintura. |
A vexetación baixo a pasarela contrasta coa vexetación protexida |
Sobre a conservación das catedrais coido que levo escrito e fotografado abondo.
–
Por certo, deixo unha captura de pantalla da páxina das xeorrutas de agora mesmo, como curiosidade a ver se alguén nota algo raro.