Comezaron as festas. Fixérono cun acto popular, o pregón, xunto cun acto cultural, a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo, e antes dun acto deportivo, a carreira Rinlo-Ribadeo. Antes xa se deixaba sentir, dende días, mesmo semanas, o contaxio da actividade no parque, comercial primeiro, de nenos despois e de boureo. Dicir que comezaron, despois dun verán de plena ocupación en Ribadeo, coido que é unha mentira piadosa, e por iso funme á Galipedia e atopei algo co comulgo, que as festas veñen a ser o que un quere que sexan, que a festa vai por dentro, que festa pode ser moitas cousas e ningunha, ou que a tradición é unha invocación como motivo, mais pode ser unha mera costume ou un sentemento (aínda que se podan confundir a fusionar ambos)
Así, ós toros chámanlle ‘festa nacional’, e habería que comezar a discutir ámbalasdúas palabras… o que me lembra o fallo xudicial comentado hoxe no xornal que anula o acordo plenario de 2014 no concello de Ribadeo segundo o que se prohíbe actuar a circos con animais no concello. Algo que foi recurrido pr un circo, e conseguiu a súa anulación parcial. Así pois, ‘iso’ é festa ou non? Ten sentido o preguntalo?
Por certo, e a recurrencia de ruído, contaminación invasora onde as haxa e de efectos nocivos comprobados, ten que ser parte da festa de xeito inexcusable?
|  | 
| Pleno coa moción ‘vila libre de circos con animais’ | 
Texto da acta onde se aproba a moción sobre ‘vila libre de circos con animais‘ (pp.32-34):
MOCIÓNS:
DO GRUPO DO BNG SOBRE VILA LIBRE DE CIRCOS CON ANIMAIS.
Dase conta da Moción que se transcribe:
 “A cuestión do respecto cara aos
animais  levou  a  cidadanía  a  demandar  novas  accións
en  diferentes  eidos  normativos.  O  uso  de  animais  en  espectáculos  é,  quizais,  un  dos
aspectos  máis  surrealistas  que  teñen  lugar  no  noso  país,  nomeadamente  os  circos,  que
ofrecen unha imaxe radicalmente dis
torsionada do que supón a fauna silvestre.
 A  vida  destes  animais  nos  circos  caracterízase  polo  illamento,  o  castigo,  o  medo  e  o
cativerio. As exhibicións de animais nos circos ofrecen tamén unha mensaxe educativa
negativa.  Aínda  que  os  espectáculos  circens
es  non  amosen  condutas  de  violencia
explícita  á  vista  do  público  espectador,  os  actos  que  os  animais  teñen  que  realizar
durante toda a súa vida non son habituais nin naturais e, para obrigalos a se comportaren
deste  xeito,  sométenos  a  métodos  de  adestramen
to  baseados  no  castigo  físico,  a
privación de alimento e ao illamento do resto dos seus conxéneres.
 Os  animais  que  viven  nos  circos  están  obrigados  a  permaneceren  o  resto  da  súa  vida
privados  de  liberdade,  atados,  engaiolados  ou  encadeados  en  camións  de  tr
aslado,
negando   calquera   posibilidade   de   satisfacción   das   súas   necesidades   etolóxicas   e
naturais. A natureza transitoria dos circos e a vida constante de confinamento, privación de  estimulación  e  frustración  da  fauna,  conduce  os  animais  a  estados  neurótico
s  e
comportamentos  repetitivos  “estereotipados”,  como  balancear  a  cabeza  ou  corpo,
movementos circulares dentro das gaiolas e até automutilacións.
 Estes  trastornos  psicolóxicos  chegan  a  provocar  reaccións  violentas  que  poden  causar
graves  riscos  para  as  pe
rsoas  en  caso  de  accidente,  un  extremo  que  sucedeu  en
numerosas ocasións ao longo dos últimos anos.
 Un  importante  número  de  países  e  vilas  de  todo o  mundo xa  vetaron  o  uso  de  animais
nos circos con base na súa protección e benestar, ao considerar que a súa
exhibición e as
condicións de vida supoñen unha crueldade, ao mesmo tempo que incrementan o tráfico
ilegal de animais e a caza furtiva de especies protexidas.
 Os circos usan os animais como reclamo do público infantil. Xulgamos que os pequenos
e  as  peque
nas  deste  país,  a  sociedade  do  futuro,  merecen  unha  educación  baseada  en
valores que inclúan o respecto cara aos seres vivos e o contorno.
E por iso que propomos:
 1. Que este concello non autorice nin promova ou ampare a instalación de circos
con
animais no termo municipal.
 2. Declarar este concello
vila libre de circos con animais.
 3.  Que  este  concello  non  permita  a  instalación  de  publicidade  de  espectáculos
circenses
con animais no termo municipal.
 4. Notificar este acordo á Xunta de Galiza, aos grupos do Parla
mento de Galiza e
á
Asociación Animalista Libera.”
 O  Sr.  Alcalde explica que  houbo un debate  hai  dous  meses,  que  lle parece  que  foi unha pregunta  ou  un
rogo no último pleno ordin
ario e se falou algo de iso, dunha polémica que houbo nas redes sociais sobre
un circo que viñera  e que traía animais; explica que se falara de que tiñan unha moción tipo e decidiron
levala ao Pleno.
 Resume  en  síntese  de  que  se  trata;  primeiro,  de  que  o
Concello  non  permita  a  instalación  de  circos  con
animais no termo municipal; aclara que di circos; segundo, declarar ese Concello vila libre de circos con
animais;  terceiro,  non  permitir  a  instalación  de  publicidade  de  espectáculos  circenses  con  animais  no
termo municipal; cuarto, notificar este acordo á Xunta e ao Parlamento e á Asociación Animalista Libera.
 Explica  que  el  non  leu  a  exposición  de  motivos  e  foi  directamente  ao  que  se  pretende  que  sexa  a  parte
dispositiva, e que é para evitar que se dea o s
ufrimento e o maltrato ao que se expoñen estes animais e que
esteñan  nunha  situación  que  non  é  axeitada,  a  falta  de  liberdade,  vivir  engaiolados  e  unha  serie  de
trastornos para os animais, polo que pretenden que esta proposta vaia adiante.
 Di  que  quere  qu
e  veñan  circos  a  Ribadeo,  pero  que  se  traen  animais  non  autorizalo  ou  poñerlles  as
máximas pegas posibles para non facelo.
 De  seguido  ábrese  un  turno  de  debate,  comenzando    Don  Eduardo  Gutiérrez    Fernández  do  PSG
–
PSOE
que  indica   que   lle parece  ben pero
que  é  unha  pena  que  non teña  unha  addenda  sobre  os touros, aínda
que a Ribadeo non lle afecte, pero os circos si.
O Sr. Alcalde di que no mandato anterior a oposición tumbou isto.
O Sr. Gutiérrez di que foi no mandato anterior.
 Intervén de seguido o con
celleiro de UPRI Sr.  Reymóndez Gancedo que manifesta que está de acordo no
fondo da cuestión e que están todos de acordo no tema do maltrato dos animais; comenta que ve algunha
pega  porque  non  lle  parece  ben  xeneralizar  ata  ese  punto  e  buscar  ese  purismo,
porque  nun  circo  veñen
unha  serie  de  animais  moi  diferentes,  como  osos,  leóns,  elefantes  e  xirafas,  os  cales  poden  sufrir  no
transporte e estando alí, pero que se xeneralizan desa maneira, nas festas patronais, por exemplo, traen un
espectáculo  de  cetrerí
a  e  eses  animais  estaban  alegres,  ou  por  exemplo  unhos  cans  que  fan  unha
actividade  nun  circo  non  o  pasan  tan  mal  como  os  cans  de  caza  que  están  dez  meses  encerrados  na
perrera.
 Explica que ao mellor están moito mellor tratados os animais nun circo que en
outros sitios.
 Pon por exemplo si un circo trae cabalos e pregunta si se vai prohibir que actúen eses cabalos, porque se
os comparan cos dun hipódromo ou cos que bailan, pois están nas mesmas.
 Reitera que está de acordo na filosofía do maltrato dos
animais, pero que  non lle parece ben xeneralizar
ata  tal  punto  porque  pensa  que  no  que  había  que  ser  é  moi  estrictos  coa  lei  que  hai  para  o  trato  dos
animais,  porque  se  entran  no  tema  de  maltrato  hai  casos  peores  que  un  circo,  como  pode  ser  pescar  e
deixar
que se afogue un peixe.
 Continúa a deliberación entre os diferentes membros da Corporacion e o Sr. Alcalde explica que a ráiz de
aquel debate e que con toda a boa intención trouxeron isto, que sabe que os pitos que se comen tamén son
maltratados, pero qu
e isto tamén se trata dos nenos e de darlles unha educación e di que ao mellor despois
da votación os que teñen circos se preocupan de demostrar que teñen os animais en boas condicións e se
pode modificar iso.
 Rematada a deliberación a
Corporación, por oito
votos a favor (
sete
dos membros do BNG
e un
do Concelleiro do PSG
–
PSOE no Grupo mixto) e cinco
abstencións ( catro dos membros do PP
e
unha do
Concelleiro  de  UPRI  no  Grupo  Mixto),  en  votación  ordinaria,  acorda  prestar  aprobación
á  M
oción  de
referencia nos propios termos da mesma.

