Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Os bloques, invadidos


Á praia dos bloques parece que lle botaran o mal de ollo. Non só se se ve invadida polo limo (algo do que xa avisara no seu momento Isidoro Asensio) e as algas que o colonizan, ou invadida e dificultado o movemento no seu espazo por lanchas, motos ou espectáculos, a máis do defecto de creación (deixarían agora costas e Medio Ambiente facer o recheo?) cando as escaleiras e as rochas que conforman a suxección de area se ven invadidas. A cousa comezou sen consecuencias hai algún tempo cos mexillóns, lapas e caracois. Pero este ano as larvas de mexillón, se non se varren, en pouco tempo será moi dificultoso o sacalas, tanto como baixar polas escaleiras cara á auga. E peor, pola perigosidade, as ostras que se afianzan xa de xeito duradeiro no tramo baixo das escaleiras. Moluscos que hai días a prensa traía a nova de que produciran algún corte nas praias de Barreiros, e dos que non trascendeu que tamén nos bloques produciran cortes que levaron a puntos de aproximación in situ e logo no hospital.

Claro que hai que ir un pouco máis aló e preguntarse por que agora si hai ostras nos bloques e antes non as había.

Unha mostra do que había ata o de agora
Larvas de mexillón nas escaleiras
Ostras nos chanzos inferiores dos bloques.

Nota posterior no mesmo día:

Sobre o mesmo tema da invasión de ostras ‘Cassostrea gigas‘ (diferente da ostra común, a orixinaria da ría), imprescindible botarlle unha ollada a http://ria-de-ribadeo.blogspot.com.es/2017/01/invasion-de-ostra-rizada-na-ria-de.html

E este artigo citado no post anterior: http://www.smdu.org.uy/93/dosSantos_Fiori_245-252_CSMU93.pdf


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *