Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Hoxe, eclipse de Sol


En norteamérica será a nova do día. Aquí, case nin nos enteraremos.

A eclipse terá lugar en Ribadeo a partir das 20:45 aproximadamente (hora legal), co máximo de visibilidade na posta de Sol.

Xeitos de velo? Eu sempre aconsello por reflexión, isto é, collendo un espello e proxectando a imaxe do Sol nunha superficie branca plana (un papel ou unha parece lonxe do espello, que sempre se pode un achegar a ela e vela mellor e máis grande), co que evitamos mirar direitamente ó sol, sempre unha mala idea.

De calquera xeito, aquí verase como máximo (isto é, á posta de Sol) un por baixo dun 12% de Sol tapado pola Lúa, o que na práctica, ó estal o sol tan baixo,non se vai notar e haberá que fixarse ben para poder ver algo.

A imaxe, tomada dunha páxina da NASA, amosa os datos para Ribadeo. O asterisco significa que xa sería despois de poñerse o Sol. UT, tempo universal, que en horario de verán corresponde coas 20:43 hora legal. A previsión é que estará despexado, pero un vento lixeiro do surleste significa que tenderá a haber bruma… co que non esperaría ver moito da eclipse.

Por certo, nestes últimos trinta anos lembro tres eclipses de Sol en Ribadeo, con mellor visibilidade que o que terá o de hoxe no mellor dos casos de temperie.

A seguinte eclipse de Sol visible dende Ribadeo será dentro de catro anos (10 de xuño de 2021), e poderá, se a temperie o permite, verse tapada unha parte do Sol dobre que a que se poderá ver hoxe.

Eclipses de Sol en Ribadeo:

http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/03/pasou-eclipse.html

http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/03/actividades-para-observacion-da-eclipse.html

http://fqribadeo.blogspot.com.es/2015/03/actividades-para-eclipse-de-sol-de-2015.html

http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre.html

http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre_22.html

http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre_1337.html

http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/07/catro-traballos-xa-vellos-sobre_1835.html

http://fqribadeo.blogspot.com.es/2007/03/hoxe-eclipse-en-ribadeo.html

A eclipse, na ESA: http://links.govdelivery.com/track?type=click&enid=ZWFzPTEmbXNpZD0mYXVpZD0mbWFpbGluZ2lkPTIwMTcwODIxLjc3MTY2MTYxJm1lc3NhZ2VpZD1NREItUFJELUJVTC0yMDE3MDgyMS43NzE2NjE2MSZkYXRhYmFzZWlkPTEwMDEmc2VyaWFsPTE2OTE5ODcxJmVtYWlsaWQ9YWdyZW1vbjIwMDFAeWFob28uZXMmdXNlcmlkPWFncmVtb24yMDAxQHlhaG9vLmVzJnRhcmdldGlkPSZmbD0mZXh0cmE9TXVsdGl2YXJpYXRlSWQ9JiYm&&&100&&&http://www.esa.int/spaceinimages/Images/2017/08/The_Sun_21_August_2017

Esta información, en Física e química en Ribadeo: http://fqribadeo.blogspot.com.es/2017/08/hoxe-20170819-eclipse-de-sol.html


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *