Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Carta de ‘Por Nuestro Faro’ ó alcalde de Ribadeo


Sr. Alcalde de Ribadeo

       
O pasado día 23 de Xullo volvéronse ver varias persoas camiñando pola
Illa Pancha. Dado que era domingo, mais-menos ás nove da noite sería
improbabel
que se tratasen de funcionarios ou operarios de nengún tipo. O
Colectivo

Por Nuestro Faro
non deixa de preguntarse que clase de precintado terá esa porta sen
atopar resposta de nengún tipo. Por eso vémonos na obriga de dirixirnos
de novo a vostede, despois de velo na foto  do Enma Cuervo erguendo o
trofeo entregado aos gañadores do partido cuha
reproducción,
¡cómo
non¡ precisamente da Illa Pancha.

       
A realidade é moi sinxela e dase de fuciños ca imaxe virtual ou
mediática que se veu transmitindo á sociedade nas últimas semanas.
Teoricamente a illa
está pechada por orden do concello, pero na práctica  o acceso segue
aberto para algúns e coutado para a inmensa mayoría. De feito a illa
segue estando mais privatizada que nunca e non se entende qué clase de
lei pode permitir unha situación tan contradictoria
e difícil de comprender.

       
Hai poucas semanas, nas redes sociais, apareceron fotos que parecían
reflexar unha festa de primeira comunión. Como nos estivemos alí non
podemos saber
exactamente o que sucedeu, pero as imaxes  colgadas no  Facebook,
nunhas datas concretas, dan conta dese evento recente e  reflicten o
libre acceso e uso por particulares dun espazo que,  teóricamente,
estaba precintado pola autoridade competente. Como Ve.
debe saber diriximoslle unha escrita con este motivo pero, a día de
hoxe, estamos sen resposta.

       
En resumen quixéramos saber, e supoñemos que alguén mais que nosoutros
se fará estas preguntas, se a Illa e o Faro seguen precintados. Se é así
que clase
de precinto é o que permite entrar a varias persoas un domingo pola
tarde ou tomar fotos dunha suposta festa de primeira comunión. Se
tódolos precintados do concello funcionan así, unha especie de si pero
non. Qué lei ampara esta interpretación tan volátil
do precintado e  qué autoridade verifica e controla o cumplimento das
resolucións administrativas e protexe o interés xeral da veciñanza para
saber que se cumple o que se tivo a ben ordear.

       
Xa ve que pouco pedimos, a ver se desta volta temos alguna resposta ou
nos temos que conformar ca sua gabanza na foto do Enma Cuervo.

        Reciba unha aperta

        Colectivo   POR
NUESTRO FARO

        Ribadeo, 26 de Xullo de 2017

Nota: pode verse unha versión errónea desta carta en ‘La Comarca del Eo’, versión que non foi corrixida pola editorial.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *