Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa do colectivo Por Nuestro Faro (20170614)


Foto de Suso Fernández. Illa iluminada de noite a fin de semana pasada.

   Nas últimas semanas asistimos a unha riola de comentarios e declaracións contradictorias que deixan unha estela esborrallada que so aporta confusión.

   En primeiro lugar temos a resposta da Autoridade Portuaria que, despois de catro meses, sigue a navegar por un limbo xurídico, alleo ao informe do Defensor do cal extractamos algúns párrafos:

“a) No se ha tramitado el procedimiento previsto para la evaluación simplificada exigible […] dacordo ca la Ley de Evaluación Ambiental.

b) No se ha efectuado una evaluación sobre todas las repercusiones del proyecto […] (Ley de Patrimonio Natural y de la Biodiversidad). […] no se han analizado las consecuencias sobre el espacio de cambiar la situación actual (un faro en desuso) por otra en la que las instalaciones se destinan usos turísticos y recreativos (hotel con cafetería); los efectos de las obras y de la presencia del público y vehículos sobre flora y especies de aves de interés para la conservación, […] El hecho de que el uso turístico sea autorizable en el ZEC, no exime de evaluación, (Plan Director de los Espacios de la Red Natura 2000 de Galicia). […] Una correcta evaluación […] es decisiva, además, para la determinación de las medidas correctoras que deban adoptarse no sólo durante la ejecución de las obras sino también durante la explotación de la instalación turística.”

   A resposta de Puertos é digna de Tartufo. Non procede facer a avaliación ambiental porque eles xa decidiron que as obras “non afectan de xeito apreciable ao espazo protexido” e que so conistiu na “remodelación interior” da antiga casa do fareiro. A cara dura destes protectores da natureza e promotores do turismo nos faros chega a esquecer a presencia dos automoveis, as persoas, as luces, as festas, as emisións o uso continuado e o impacto acumulativo de estes e outros elementos que exixe a normativa de protección ambiental invocada polo Defensor.

   Deseguido atopamos unha nota de prensa do Concello de Ribadeo : “alegrámonos tamén que digan que o procedemento de concesión está todo ben […] e polo tanto a miña obriga como responsable político municipal foi preguntar e transmitir estas preocupacións para asegurar unha situación xurídica que podía ser complexa”. Ou sexa o Sr. Alcalde acepta sen mais a “resposta” da Autoridade Portuaria, ignora as denuncias do Defensor, aquel estrambótico persoaxe que no pleno do 23 de marzo podía ser, literalmente“un incompetente”, en maio tiña un “ argumentario demoledor ” e finalmente en xunio deixao arrombado na cuneta. Ainda mais, o beatífico político dalle pistas a Puertos: tamén se podía poñer “unha tenda de roupa” ou calquer outro negocio, que por él non habería pegas. ¿Pode haber maior desprezo á hestoria, á cultura e ao patrimonio de Ribadeo?.

   Despois ven o do suposto precinto. Por favor, ¿alguén podería explicarnos en qué consiste ese papel que pegaron na porta?. Coches que entran e saen, visitantes, cecais usuarios, unha primeira comunión ilustrada con fotos en varias páxinas web, e a illa alumeada como se fosen as festas da Patrona. Desexamos, sinceramente, que ninguén se escorne polos penedos. Sr. Alcalde ¿sabe vostede quen ten as chaves da illa, dado que o negocio está precintado e so se reduce a 500 m²?

  Da Autoridade Portuaria entendemos que xa dixo a última palabra, pero esiximos ao Excmo. Concello de Ribadeo que empece a traballar dunha vez por todas. Por exemplo someter a totalidade do expediente e do proxecto, informe do Defensor e resposta de Puertos incluídos, ao criterio dunha cátedra de Dereito Administrativo e/ou Ambiental independente e que engada as irregularidades nunca mencionadas (a concesión directa, o acceso dos veciños, e a falla de informe de viabilidade).

   En resumen: baixarse do limbo e poñer os pes na terra, Sr Alcalde da Illa Pancha.

Evaristo Lombardero


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *