Hoxe o xornal trae a nova do xuízo por unha tangana de fin de ano de hai 4 anos. Por pegarse e cousas polo estilo. Do ruído que se debeu formar non fala nada. E é que o ruído parece algo secundario: unha vez pasa, non se pode demostrar. Cando pasa, non é doado probar onde se atopa a fonte principal, e todo o mundo mira para outro sitio. Non importa que España estea ano tras ano nos lugares más altos da táboa de ruídos a nivel internacional. Ou que a Organización mundial da saúde o teña sinalado como causa de enfermidades e desacougo de vida. E en Ribadeo séguese un ritmo semellante ó do resto do estado. Non polas fontes de ruído, que en cada lugar vai ó seu aire, senón pola permisividade con que se trata.
O último monográfico de eldiario.es trata sobre o futuro das cidades. Entre outras cousas, a bicicleta pasa polas súas páxinas (diso trataremos outro día), mais tamén o ruído. E velaeiquí reformulada algunha das ideas que aparece:
– Planificar a cidade en termos acústicos non é só ‘baixar o volume’, senón eliminar ruído que enferma e amplificar o son que fai ben, reconfigurar a paisaxe sonora. E é que como o colesterol, tamén hai ‘ruído malo’ e ‘ruído bo’.
Decibelios, bicicletas y malas vibraciones, Marta Peirano, monográfico ‘La ciudad civilizada’ de eldiario.es.
– Non se trata de eliminar o ruído ‘en perxuízo de’ senón dun equilibrio, co establecemento de servidumes acústicas razoables.
– O territorio debe proxectarse con criterio de equilibrio na prevención do ruído: se non hai refrexo no plan, parece non existir (e no PXOM de Ribadeo o ruído parece non existir…)
– Claro que a mentalidade colectiva inflúe moito. Compartes o anhelo dun entorno máis limpo e silencioso? Cando saes ó campo, sentes e desfrutas dos sons da natureza? Es da xente que fai máis caso a quen vocifera máis? Atérrache o silencio? Estás disposto para pensar e crear (esas cousas ás que o silencio invita e para as que é necesario)?
¿Cómo suena una ciudad? Guillermo G. de Polavieja, monográfico ‘La ciudad civilizada’ de eldiario.es.
… aínda que non fai falta recorrer ó eldiario.es. Hai pouco máis dun mes, o el País titulaba unha colaboración ‘el ruido, enemigo sigiloso’, nunha páxina de divulgación educativa comeza dicindo “El ruido es sonido no deseado, y en la actualidad se encuentra entre los contaminantes más invasivos.“ e así sucesivamente…
de http://www.dominandocamtasia.com/blog/wp-content/uploads/2011/06/ruido.jpg.jpeg |