Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Os precintos do concello de Ribadeo


Esta semana que rematou deixou precintos do concello de Ribadeo a varios establecementos en funcionamento: os apartamentos Faro Isla Pancha e os clubes Carús e Kiss. Como me cadrou pasar por diante dun destes establecementos o sábado, e tiña curiosidade de coñecer como son os precintados e o que permiten ou non facer, parei tomar algunha foto.

Por se non se ve ben, neste caso, a máis do papel timbrado do concello e dun logotipo co escudo do Concello de Ribadeo, aparece ‘PRECINTADO //  MOTIVO: RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE DATA 29 DE MAIO DE 2017 // EXPEDIENTE. 850 / 2017 // POLICÍA LOCAL. CONCELLO DE RIBADEO’

A posición do papel, protexido con plástico e pegado con cinta adhesiva transparente, di ás claras que é unha nota de aviso, pero que non impide nada nin da fe por rotura de que a porta non se abriu, pois está sobre unha folla e non entre as dúas.

Eu tiña unha idea máis próxima de precintar á que aparece no dicionario da RAG: “precintar

verbo transitivo

Pór precinto a [un paquete, porta, caixa etc.] para que non sexa aberto ou manipulado.

Os contadores da auga están precintados cun selo de chumbo.

CONFRONTAR selar

A policía precintou o local.”

ou co que aporta para ‘precinto‘ a RAE: “precinto

Del lat. praecinctus ‘acción de ceñir’.

1. m. Ligadura o señal sellada con que se cierran cajones, baúles, fardos, paquetes, legajos, puertas, cajas fuertes, etc., con el fin de que no se abran sino cuando y por quien corresponda legalmente.

2. m. Acción y efecto de precintar.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *