Esta nova produciuse poucas horas antes que a anterior (A Defensora continúa con Por Nuestro Faro): O alcalde tenta ‘persoarse’ na ‘causa’ aberta por Por Nuestro Faro na oficina do Defensor del Pueblo. Coido que hai que lembrar que esta ‘causa’ como a chama o alcalde ten xa unha longa historia… Deixo o escrito da alcaldía, xunto coa nota de prensa, non sen antes lembrar, para ofrecer unha visión máis completa, nota de prensa de Por Nuestro Faro Mediante, que este grupo está de cumpreanos por estas datas. Dous anos de traballo para devolver a illa Pancha ó pobo:
DOUS ANOS DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”
“Un Faro de todos y para todos”. Este era o título do artigo publicado en La Comarca del Eo o día 30 de maio de 2015, redactado por Covadonga Suárez. Poderíase decir que este artigo foi unha especie de documento fundacional que resume o pensamento e os obxectivos do colectivo, que se manteñen impolutos dende o seu nacemento. “Pensamos que el faro forma parte del patrimonio de Ribadeo, y que, como tal, su utilización debe hacerse desde lo público” ,” el faro no es una construcción como otra cualquiera […] por su carácter, su historia y su simbología” ,”no debe olvidarse el significado especial de la Isla Pancha para los ribadenses […] es una estampa emblemática y representativa de Ribadeo, un vestigio del pasado, un monumento a los hombres y al mar y también es el lugar que muchos han elegido para que sus cenizas descansen allí” . Palabras cheas de sentimento, historia e poesía. Ideas que estaban na cultura popular dende o comezo dos tempos, pero que non foron quen de atravesar o coiro dos que nos representaban. Esta era, e segue sendo, a idea básica e central das persoas que, sen discursos retóricos, rexeitan a privatización da Illa Pancha e do Faro por un elemental principio de autoestima e permanencia. Que o Ministerio de Fomento non era mais que o administrador e non tiña nengún dereito a apropiarse da Illa Pancha para vendela ou alugala non debera precisar mais aclaracions, pero sobre cultura e sensibilidade non hai nada escrito.
Naqueles primeiros días eran imprevisibeis as numerosas irregularidades que despois se foron descubrindo, pero algo xa se albiscaba ao dicer que era “responsabilidad de las administraciones competentes que han tomado la decisión de permitirlo de manera rápida y discreta”. “No nos parece correcto que la mayoría de los ribadenses haya tenido noticia por la prensa hace apenas unas semanas de que el faro iba a ser explotado y reconvertido en hotel de lujo a través de una concesión“ .“ La escasa información de la que hoy disponemos […] es difundida de forma muy concisa a través de los medios de comunicación”.
Dende o primeiro momento estivo moi claro o que se defendía para a Illa Pancha e o edificio do faro: “No pensamos que el faro ni el acceso a la Isla Pancha deban permanecer cerrados, pero toda explotación o uso que se haga debe respetar el lugar y el carácter del edificio. Su utilización debe favorecer la democratización de su acceso y los ribadenses deben poder disfrutar de él […] Lo que nadie dijo tampoco es que para entrar en la Isla Pancha y en el faro no es necesario instalar un hotel y esta idea se ha vendido como la única posibilidad existente para poner un pie en la Isla Pancha”. Mais claro auga.
Como ben se ve as mensaxes deste artigo seguen tan vixentes hoxe como hai dous anos e o colectivo “Por nuestro faro” que, por certo, segue medrando a un ritmo contino, non mudou un chisco dos seus prantexamentos como fixeron a maoir parte dos actuantes. A carón das nosas ideas e propostas agora hai algúns que están empezando a descubrir o invento do paraguas.
Nos meses seguintes foronse descubrindo unha riola de irregularidades ao mesmo tempo que se solicitaba información da Autoridade Portuaria, do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia con escasos resultados. Un intre rechamante foi a publicación da resposta do Defensor del Pueblo (16.2.17) a unha denuncia presentada polo noso grupo en xullo de 2016, denuncias que publicamos e remitimos as administracións devanditas pero non tiveron a ben tomalas en consideración. Debemos suliñar que o Defensor respostou á maior parte das nosas denuncias e que algunhas foron ampliadas a finais de febreiro de 2017. Ao demoledor informe do Defensor ainda non se lle deu resposta por nengunha das tres partes. Entendemos que as tres partes están implicadas e teñen a sua responsabilidade como publicamos hai poucos días.
Para rematar volvemos a repetir que as autoridades deben escoitar aos veciños, as opinións e as suxerencias dos colectivos sociais e por esa vía poderíanse aforrar moitas molestias, gastos e outros problemas, e sobre todo hai que defender as culturas e os patrimonios dos pobos que son as interfaces da nosa historia común.
24 de Maio de 2017
Vaia agora o escrito do alcalde á Defensora do Pobo:
E, por último, a nota de prensa da alcaldía:
O ALCALDE ALUDE AO SILENCIO DA AUTORIDADE PORTUARIA
Defensor del Pueblo
24/05/2017
O Concello de Ribadeo ven de remitirlle ao Defensor del Pueblo un escrito para trasladarlle todos os pasos dados en relación co expediente para a actividade de hostalería no Faro da Illa Pancha. E pídelle que “impulse toda actuación que proceda y esté a su alcance a fin de que se clarifiquen a la mayor brevedad posible estas actuaciones opacas que pudieran resultar irregulares o no conformes con la legalidad vigente y ello, repito, en aras de la seguridad jurídica y en evitación de daños y perjuicios a terceros”.